miércoles, 19 de junio de 2019

No quinto aniversario da proclamación do Rei Felipe VI



Hai cinco anos publicaba neste blog unha entrada dando conta da cerimonia da sanción e promulgación da Lei Orgánica pola que se facía efectiva a abdicación da Súa Maxestade o Rei Don Juan Carlos.  E  en consecuencia Don Felipe era proclamado novo Rei de España.


Hoxe con ocasión do quinto aniversario da Proclamación da súa Maxestade o Rei, Don Felipe e Dona Letizia impuxeron condecoracións da Orde do Mérito Civil a 41 cidadáns, en recoñecemento do seu compromiso persoal e contribución social.

A Orde do Mérito Civil,  instituida pola súa Maxestade o Rei Don Alfonso  XIII, ten por obxecto premiar os méritos de carácter civil que presten ou prestasen relevantes servizos ao Estado, con traballos extraordinarios, proveitosas iniciativas ou con constancia exemplar no cumprimento dos seus deberes.

Os 41 condecorados proceden das 17 comunidades autónomas e das 2 cidades autónomas. Para a súa selección tívose en conta un criterio proporcional de poboación e considerouse tamén ás comunidades  pluriprovinciales, de forma que proceden de provincias distintas.

A súa Maxestade o Rei dirixiu unhas palabras tras finalizar a imposición de condecoracións, nas que destacou que "España é unha nación de cidadáns, de persoas solidarias e comprometidas co destino dos nosos semellantes -dentro e fóra das nosas fronteiras-; unha nación xenerosa, aberta, e con gran presenza e empuxe na Comunidade Internacional. Somos un país que abraza ao mundo, que se responsabiliza cunha Humanidade que desexamos en paz e en concordia, e pola que traballamos en todos os foros internacionais”.

Tamén, Don Felipe referiuse ás persoas que acababan de ser distinguidas dicindo que “sodes protagonistas desa España solidaria e universal; e sodes un verdadeiro motivo de orgullo para todos nós, para todos os nosos compatriotas; admirámosvos. Parabén; e, sobre todo, grazas de corazón”.

“Sodes un referente moral que nos ofrece un espello no que mirarnos; un estímulo -e unha imaxe- de conduta á que poder emular no noso día a día”. “Xuntos formades un todo, unha verdadeira cadea de  ejemplaridades que ilumina o noso roteiro para seguir. Mostrádesnos a senda da convivencia e realzades a importancia da dignidade e do compromiso de ser cidadáns da España do século  XXI”, subliñou A súa Maxestade o Rei.

Parabéns por este quinto aniversario, e longa vida o Rei.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta