Os moi malos datos demográficos de nacementos en 2018 evidencian a urxencia dunta estratexia de ámbito nacional

Onte publicou o INE unha información sobre os datos provisionais do ano 2018 referidos ao Movemento Natural da Poboación (MNP) Indicadores Demográficos Básicos ( IDB).

E desde logo son moi preocupantes a nivel nacional, posto que o número de nacementos reduciuse un 6,1% no ano 2018 e o número medio de fillos por muller baixou 0,06 puntos. O crecemento vexetativo da poboación presentou un saldo negativo de 56.262 persoas. E ademais o número de matrimonios diminuíu un 5,9% respecto a 2017.

Dou conta aquí dos principais datos:

Nacementos

Durante 2018 rexistráronse 369.302 nacementos en España segundo datos provisionais, o que supuxo un descenso do 6,1% respecto ao ano anterior (23.879 nacementos menos). O número de nacementos continúa así coa tendencia á baixa da última década, só interrompida en 2014. Desde o ano 2008 a cifra descendeu un 29,0%.

Dos 369.302 nacementos que tiveron lugar en España, 76.184 foron de nai estranxeira, o que supuxo o 20,6% do total (fronte ao 19,3% en 2017).

A taxa bruta de natalidade situouse en 7,9 nacementos por cada mil habitantes, cinco décimas menos que a rexistrada en 2017. Este descenso débese, en parte, á diminución do número de fillos por muller. Pero tamén á redución no número de mulleres en idade de ser nais. Así, o grupo de mulleres de 25 a 40 anos (que concentran o 85,0% de nacementos), reduciuse un 2,5% en 2018, pasando de 4,98 millóns en 2017 a 4,85. Mantense así a tendencia á baixa iniciada en 2009 e que se debe a que ese rango de idades está formado por xeracións menos numerosas nadas durante a crise de natalidade dos 80 e a primeira metade dos 90.

En Galicia naceron en 2018, 16.550 nenos, un 10,3 % menos. E en Ourense 1.486, un 13 % menos que no ano anterior.

Número medio de fillos por muller 

O indicador conxuntural de fecundidade (ou número medio de fillos por muller) situouse en 1,25 en 2018, cun descenso de seis centésimas respecto ao valor rexistrado en 2017. É o valor máis baixo desde o ano 2002.

Idade media á maternidade 

A idade media á maternidade elevouse a 32,2 anos en 2018, fronte aos 32,1 do ano anterior. Nos últimos anos obsérvase que a diminución do número de nacementos vese acompañada dun atraso na idade de maternidade. Outro indicador do atraso na maternidade reflíctese no número de nacementos de nais de 40 ou máis anos, que creceu un 63,1% en 10 anos. En termos relativos, mentres que en 2008 o 4,2% dos nacementos foron de nais de 40 anos ou máis, en 2018 esa porcentaxe elevouse ata o 9,7%.

Por nacionalidade, as nais españolas tiveron os seus fillos a unha idade media tres anos superior á das estranxeiras. En 2018 a idade media á maternidade das españolas aumentou unha décima, ata 32,7 anos. Pola súa banda, a das estranxeiras subiu dúas décimas, ata 29,9 anos.

Mortalidade

 Durante 2018 faleceron en España 426.053 persoas, un 0,4% máis que en 2017. A taxa bruta de mortalidade foi de 9,1 defuncións por cada mil habitantes, similar á do ano anterior. 

Esperanza de vida

A esperanza de vida ao nacemento aumentou unha décima en 2018 ata situarse en 83,2 anos. Por sexo, nos homes alcanzou os 80,5 anos e nas mulleres situouse en 85,9 anos. De acordo ás condicións de mortalidade do momento, unha persoa que alcanzase os 65 anos en 2018 esperaría vivir, de media, 19,2 anos máis se é home e 23,1 máis se é muller.

Crecemento vexetativo 

Como resultado do aumento no número de defuncións e da diminución no número de nacementos, o crecemento vexetativo da poboación residente en España (é dicir, a diferenza entre nacementos de nai residente en España e defuncións de residentes no país), foi negativo en 56.262 persoas1 no ano 2018.

Nupcialidade

Durante o ano 2018 rexistráronse 163.430 matrimonios, un 5,9% menos que en 2017. A taxa bruta de  nupcialidade diminuíu dúas décimas, ata 3,5 matrimonios por cada mil habitantes.

Número de matrimonios 2008-2018

No 17,2% dos matrimonios celebrados con cónxuxes de distinto sexo, polo menos un deles era estranxeiro. Pola súa banda, un 2,9% do total de matrimonios rexistrados en 2018 corresponderon a parellas do mesmo sexo (4.726 matrimonios).

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.