Parabéns á centenaria Coral "De Ruada" , orgullo da cidade de Ourense, polo selo de Correos, hoxe emitido


Correos presentou este mañá en Ourense, o selo dedicado á Coral "De  Ruada".

Tivo lugar no incomparable marco do Paraninfo do Instituto de Ensino Secundario Otero Pedrayo.

No acto interveu o presidente da Coral, Samuel Lago, o vicepresidente Emilio Rodríguez, eu mesmo e finalmente o director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas, que presentou o selo.

E foi un privilexio escoitar as tres fermosas cancións interpretadas polos  coralistas.

O selo forma parte da serie de "Lecer e afeccións" un selo da Coral de Ruada de tamaño 28.8 x 40.9 mm.

Ten un valor postal de 0.60 €, sendo a tirada de 180.000 unidades.

A motivación do selo para Correos foi a seguinte:

"A Coral “De  Ruada” empezou a xestarse en 1918 pero foi o 24 de xuño de 1919 cando debutou no Teatro Apolo de Ourense.

Segundo os xornais da época, aquela actuación tivo gran éxito para o público, sorprendendo sobre todo pola súa calidade interpretativa.

A base destas agrupacións adoita ser un coro de voces, de homes e mulleres, ataviados co traxe tradicional, acompañados polos tres instrumentos típicos da tradición galega: a gaita, o  tamborilero e o bombo, ademais de  zanfoñas e pandeiros.

Só no seu primeiro ano, a Coral iniciou unha xira por algunhas das cidades máis importantes de Galicia. Máis tarde, percorrería España pasando por Madrid, Asturias, Andalucía ou Barcelona, obtendo o aplauso e a satisfacción do público así como as mellores críticas.

En 1931, a Coral “De  Ruada”, convidada polos Centros Galegos suramericanos, cruzou o charco visitando Arxentina, Uruguai e Brasil.

A súa posta en escena encaixaba perfectamente as cancións populares con obras polifónicas e unha escenografía moi nova para a época que incluía a  teatralización das máis antigas tradicións e símbolos galegos.

En 1956, cando é nomeado director Manuel de Dios, comezará unha nova etapa supoñendo un xiro substancial sobre todo o repertorio interpretado.

Este ano, a Coral cumpre o seu primeiro centenario. 100 anos cantando e narrando a historia de Ourense a través das raíces musicais galegas.

Por iso, a cidade que a viu nacer dedicoulle unha praza como homenaxe aos seus cen anos de esforzo e traballo levando Ourense en forma de música por todos os recunchos do mundo.

Correos tamén quere sumarse á celebración deste centenario cun selo que recolle a ilustración que protagoniza a portada do libro-disco publicado pola Fundación Otero Pedrayo.

Tamén, sobre unha imaxe da Ponte Romana de Ourense, pódese ver aos membros da formación nunha das súas extraordinarias actuacións. Todo o conxunto enmarcado coas páxinas das partituras como as que usan na coral.”

Neste acto tiven oportunidade de pronunciar unhas palabras de agradecemento para Correos pola sensibilidade amosada con Ourense, emitindo recentemente dous selos: o do Centenario da Ponte Nova" e o dos “50 Anos da Biblia do Oso e do V centenario da Reforma Protestante que foi promovido pola igrexa evanxélica Bonhome de Ourense.  E polo emitido agora a “De Ruada”, que ademáis e a primeira vez que a filatelia española adica un selo a unha coral.

E manifestei tamén a miña fonda satisfacción por ter participado nas xestións para que a Comisión Filatélica do Estado do Ministerio de Fomento, aprobara a emisión deste selo.


Sen dúbida un magnífico broche de ouro aos actos conmemorativos do centenario desta Coral, que é un orgullo para todos os ourensáns

Finalizado o acto procedeuse ao  mataselado do chamado "sobre do primeiro día". 









Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.