viernes, 28 de junio de 2019

Manuel Baltar, elixido presidente da Deputación de Ourense para o mandato 2019-2023


Esta mañá Manuel Baltar foi elixido hoxe presidente da Deputación de Ourense para o mandato 2019-2023, na sesión plenaria celebrada no Salón de Plenos do Pazo Provincial, na que foi proclamado presidente por maioría absoluta. Unha elección que puiden seguir por televisión en circuíto pechado desde o centro cultural Marcos Valcárcel.

Salientar do seu primeiro discurso as súas palabras “humildade” e “reilusionar”: “Humildade, que debe sempre caracterizar a representación política, e reilusionar, pensando nun mellor Ourense, onde todos sexamos protagonistas”.

Tamén destacar que o presidente da Deputación dixo que a política do pacto e do acordo “visualizase hoxe aquí coa miña nova investidura, da que considero máis alta honra política: presidir Ourense”. 

E que subliñara o orgullo de pertenza á nosa terra: “Fagamos Ourense desde a igualdade, pensando no futuro da nosa mocidade e poñendo en valor o compromiso con esta terra dos nosos emigrantes.

Parabéns ao presidente Baltar.