Locais 2019: A Xunta Directiva do PP de Ourense fai análise dos resultados electorais


Participo onte en Beariz na reunión da Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Ourense.

Foi neste concello atendendo a que os populares alcanzaron a maior porcentaxe de apoio electoral, co 89,42 % dos votos e obtivo os sete concelleiros en xogo. 

Esta convocatoria, fóra da sede provincial, segue a liña marcada pola dirección popular de celebrar as reunión dos órganos de goberno do partido naqueles lugares da provincia onde se conseguisen os mellores resultados, logo de cada proceso electoral, tal e como sucedeu nas xerais de 2016, cando a cita foi en Avión ao conseguir neste concello o 88,17 dos votos.

Nela o presidente Manuel Baltar dirixiuse aos membros diciendo que o “PP ten todo o dereito a reivindicarse como forza de goberno “ao ser a gañadora das eleccións locais na provincia, tanto polo número de votos recibidos, como polos concelleiros obtidos e polo número de maiorías absolutas conseguidas”.

 “Nun escenario certamente complexo dada a tremenda fragmentación política, estamos razonablemente satisfeitos cos resultados do domingo, aínda que compre analizar con máis tranquilidade e polo miúdo todos os datos”, recoñeceu o presidente provincial. Non obstante, quixo poñer en valor o feito de ser a forza política máis votada da provincia (38,05 %), a que obtivo o maior número de representantes con 462 concelleiros (52,74 %) e máis maiorías absolutas, un total de 54 contando coa entidade local menor de Berán. Todo elo, significou, “coa maior porcentaxe de participación de toda Galicia (72,13 %), tamén nas eleccións europeas (68,62 %), o que lexitima aínda máis os resultados”.

Unhas cifras que levaron a Manuel Baltar a agradecer o traballo desenvolvido polos populares ourensáns, “todos cantos integraron as candidaturas, os que foron elixidos polos seus veciños e os militantes que puxeron todo o seu esforzo para loitar polo seu proxecto”.
Tanto para o goberno da Deputación como para aqueles concellos onde compre considerar pactos políticos, afirmou, “agora chega o momento de escoitar e falar, poñendo encima da mesa todos os aspectos que sexan necesarios, con total disposición pero sempre desde unha política construtiva e en positivo, como sempre defendimos”.

 Puxo énfase tamén na decisión dos electores “que chaman á responsabilidade dos elixidos e a que pensemos en Ourense, que é o que debe primar neste momento”.
Como candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar lembrou que “hai un grupo maioritario, como ningún outro, cun candidato e un programa de goberno coñecidos, avalados polas políticas desenvolvidas nestes catro anos e con proxectos de relevancia que están en marcha e que non podemos permitirnos o luxo de paralizar”, polo que reivindicou o dereito do Partido Popular a gobernar a institución provincial, facendo unha chamada á responsabilidade á hora de considerar os pactos que garantan a estabilidade”.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.