Locais 2019: O expresidente do Goberno Mariano Rajoy recibe nas rúas de Ourense o sincero afecto e recoñecemento de centenares de ourensáns


No último día da campaña electoral recibimos en Ourense a visita do  expresidente do Goberno e presidente de honra do PP, Mariano Rajoy.
Chegou á praza de  Bispo Cesáreo ás 18.30 horas, sendo recibido por José Manuel Baltar e por Jesús Vázquez. membros da candidatura e un nutrido grupo de militantes e responsables do partido. E desde alí camiñamos ata a Praza Maior e logo polas rúas das Tendas, Paz, Santo Domingo,  Bedoya ata o Parque de San Lázaro.
Rajoy mostrouse, como é el, amable e próximo e a pesar de ter problemas de  afonía tivo sempre palabras para os centenares de persoas que lle saudaron, bicaron, abrazaron ou lle pediron unha foto.
Foi realmente un recibimento moi xeneroso e espontáneo o dos ourensáns que na súa inmensa maioría recoñeceron a figura e o traballo deste gran político galego.
Tras despedirse fronte á Subdelegación do Goberno marchou primeiro ao Concello de Barbadás onde tivo ocasión de compartir uns minutos cos veciños da Valenzá no percorrido que fixo polas rúas desta localidade.
E logo foi a Celanova e Xinzo de Limia, onde participou, xunto ao presidente do PP provincial, José Manuel Baltar, e os candidatos destas localidades en senllos mitins
“Hai un ano, España estaba baixo a dirección do mellor presidente que tivo o país, do político que conseguiu sacarnos da crise e colocarnos na senda do crecemento”, dixo Manuel Baltar, afirmando que “cando os españois queren máis progreso, mellor xestión e un horizonte de futuro saben a quen teñen que chamar, e a resposta é o Partido Popular”.

Con la tecnología de Blogger.