Pechamos a campaña electoral na capital da provincia no barrio da Ponte, ao aire libre e á beira do río Miño, cun mitin no que interviñeron varios dos integrantes da candidatura: Mario Guede, José Manuel Cabaleiro e Santiago Rodríguez.
E pechou o acto, o cabeza de lista, e actual alcalde Jesús Vázquez que, en primeiro lugar agradeceu o traballo realizado por todas os centenares de militantes e simpatizantes que colaboraron nesta intensa campaña.
Sinalou que traballará arreo “para que a cidade medre sen que teñamos as
mans atadas, coma nestes derradeiros catro anos, nos que aínda así conseguimos
300 millóns en investimentos”
E estacou que co apoio da maioría poñeremos en marcha importantes medidas
económicas para impulsar o crecemento da cidade, con baixadas de impostos e de
taxas municipais para axudar a aforrar aos veciños, reducir a presión económica
sobre os nosos emprendedores e promover a creación de emprego.
Recibirá resposta