Locais 2019.- Feijóo sobre Jesús Vázquez: "hoxe temos un mellor candidato ca hai catro anos, porque coñece mellor a cidade e soubo resistir ás dificultades”


Esta mañá en Ourense no barrio da Ponte, o presidente do Partido Popular de Galicia Alberto Núñez Feijóo pediu non converter “a peor oposición dos últimos catro anos en todas as cidades galegas no peor goberno que poden ter todas as cidades galegas”.

“O domingo temos a posibilidade de seguir cara adiante ou de volver atrás”, incidiu, para valorar que o goberno liderado poro Jesús Vázquez “soubo tirar cara adiante pese a todos os paos nas rodas que lle puxeron neste tempo”. En opinión do líder popular, “hoxe temos un mellor candidato ca hai catro anos, porque coñece mellor a cidade e soubo resistir ás dificultades”.

“Pido un voto de confianza para un alcalde resistente, apaixonado e boa persoa”, insistiu, para sinalar que en momentos nos que na política semella que vale todo, el di que non, que hai que ter principios e un compromiso.

Pola súa banda, cualificou á amalgama de grupos da oposición de “clube da comedia que non pode instalarse na casa do concello”. “PSOE, Democracia Ourensana, Podemos e nacionalistas son unha miscelánea que de moitas papeletas, pero poucas ideas”, subliñou.

“XUNTA, DEPUTACIÓN E CONCELLO UNIDOS SOMOS IMPARABLES”


O presidente dos populares galegos tamén fixo fincapé en que a terceira cidade de Galicia necesita un equipo de goberno sólido, cunha maioría reforzada, que lle permita traballar de xeito coordinado coas demais institucións. “Xunta, Deputación e Concello unidos seremos imparables”, recalcou.

Neste sentido, expresou o seu desexo de que “sigamos construíndo o Ourense que queremos”: sanitario, coa remodelación íntegra do hospital; da Formación Profesional, co novo campus; das infraestruturas do deporte, coa pista de atletismo cuberta e a remodelación do Pavillón dos Remedios; ben comunicado, coa intermodal e as circunvalacións finalizadas; e do emprego, “porque sen emprego non se pode seguir liderando a provincia”.

“Ourense non pode volver para atrás. Non lle podemos dar a chave da cidade aos que pecharon todas as portas. A chave de Ourense ten que se para o futuro, que é Jesús Vázquez, porque estou convencido de que con el nos vai ir mellor”, concluíu.

Con la tecnología de Blogger.