Locais 2019: Exercendo o dereito ao voto na xornada electoral

Ás nove horas de hoxe comezou a xornada electoral das Europeas e as Locais.

Nas segundas elixiremos os concelleiros dos 92  concellos da provincia de Ourense e da entidade menor de  Berán. Eles serán despois os que elixirán a posteriormente aos 25 deputados que integran a Deputación.

Son, 262.648 veciños de Ourense os que terán dereito a voto, sendo 8.079 ourensáns os que se incorporan por primeira vez ao censo electoral.

Para exercer o dereito ao voto, existen 421 colexios electorais, que á súa vez terán 542 mesas. 

E na provincia presentáronse 321 candidaturas, sendo 3.425 as persoas que desexan obter unha acta de concelleira.

Respecto das eleccións ao Parlamento Europeo, a circunscrición é única a nivel estatal e optan 32 candidaturas.

Ás 9,45 fixen efectivo o meu dereito a voto nunha das mesas instaladas no Colexio público Curros Enríquez.

Agardemos que a normalidade sexa a nota dominante nesta xornada.

Os electores teñen a palabra.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.