PROVINCIA DE OURENSE
A candidatura do PP obtivo o respaldo de 70.489 votantes (38,28 %), seguido do PSdeG-PSOE con 54.313 votos (29,49 %), do BNG con 15.983 votos (8,68 %), de D.O. con 12.673 votos (6,88 %) e de Cs con 5.873 votos (3,19 %)
O
Partido Popular foi a forza máis votada en 64 dos 92 concellos (69,56 %). Esto se
traduce en 461 concelleiros dos 876 en xogo (52,62 %). O PP
obtivo 53 maiorías absolutas saídas directamente das urnas (57,60 % de
concellos) gañando
en todos os partidos xudiciais agás en Valdeorras.
Ourense foi a sexta provincia de España en apoio ao PP (38,28 % a
falta de datos por incluír), 16 puntos máis que a media en España (22,23 %) e 5
puntos máis que o PP de Galicia.
CONCELLO DE OURENSE
O PSdeG-PSOE foi o gañador das eleccións na capital da provincia, obtendo 14.562 votos (26,33%), seguido do PP con 12.482 votos (22,57 %), de D.O. con 11.913 votos (21,54 %), de Cs con 4.832 votos (8,74 %) e do BNG con 3.452 votos (6,24 %).
Este foi o reparto de escanos: 9 PSdeG-PSOE, 7 PP, 7 D.O., 2 Cs e 2 BNG.
Recibirá resposta