Locais 2019: Jesús Vázquez compromete a creación de dous aparcadoiros soterrados nos barrios do Couto e do Posío-San Francisco

Acompaño esta mañá a Jesús Vázquezalcalde e candidato á reelección en Ourense e outros membros da candidatura do PP, a unha rolda de prensa na rúa Dalí que tiña por finalidade presentar unhas propostas de cara ao novo mandato municipal.

 Vázquez anunció que “os barrios do Couto e o Posío-San Francisco contarán con dous novos aparcadoiros soterrados que ofrecerán un total de 730 prazas. Con esta infraestrutura dámoslle unha resposta aos veciños, pero tamén melloramos a mobilidade en toda a cidade".

Explicou que o aparcadoiro do Couto construiráse no subsolo da rúa Dalí. Ofrecerá 210 prazas, que cubrirán a demanda dos veciños das edificacións máis antigas, que non contan con garaxe. Pero ademais este proxecto acabará coas retencións diarias por parte dos usuarios do Pavillón dos Remedios, do Xulgado e do novo Centro de Saúde. “Facemos un barrio do Couto máis humano. Sen retencións de tráfico. E melloraremos a mobilidade incentivando o uso destes aparcadoiros a prezos moi competitivos, e con mellores conexións de transporte público co resto da cidade”, sinalou. 

Pola súa banda, o aparcadoiro do O Posío-San Francisco ocupará o subsolo das rúas Coruña e Pena Trevinca e ofrecerá un total de 520 prazas. “Esta dotación poñerá fin a falta de aparcamentos dos edificios do Casco Histórico, onde existía unha gran demanda de prazas, e suporá un incentivo máis para vivir e crear empresas nesta zona da cidade”, díxo o candidato á reelección. 

Ademais, esta instalación dará resposta á veciñanza do Posío, do barrio de San Francisco, aos usuarios do novo Complexo Cultural de San Francisco e aliviará a presión de tráfico nunha zona cunha alta densidade de centros educativos. “Se Ourense quere darémoslle aos cidadáns as solucións concretas que nos piden e que merecen. 

Este proxecto forma parte da nosa Estratexia de Mobilidade, para ter un Ourense máis limpo e sostible, cunha circulación máis fluída que nos axudará tamén a mellorar o Medio Ambiente e a Saúde dos nosos cidadáns”, destacou o candidato do PP á Alcaldía. 

Parabéns por estas propostas que estou convencido sairán adiante co apoio dos electores de Ourense.






Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.