Vendo os traballos que están a se executar na estación de Taboadela para posibilitar a chegada da Alta Velocidade a Galicia

Onte pola tarde achegueime ata a estación de Taboadela para ver os traballos que alí e na súa contorna están a realizarse pola empresa adxudicataria Acciona, por adxudicación de  Adif-Alta Velocidade. 

Puiden ver unha gran actividade e despregamento de medios humáns e materiais que previsiblemente posibilitarán que o 24 de maio restablézase o servizo ferroviario  que está interrompido desde o día 8.

Como é coñecido nas inmediacións da estación de Taboadela producirase a conexión entre a nova plataforma de alta velocidade e a actual liña convencional en servizo, que será electrificada e sobre a que se implantará ancho de vía estándar (1.435 mm). 

Os traballos que se acometen na zona durante este corte extraordinario son os seguintes:

- Ampliación de obra de drenaxe transversal existente baixo a liña convencional Zamora-Ourense ( PK 233/740), montando unha batería de 4 tubos de 600 mm de diámetro. 

- Lanzamento de vigas prefabricadas para reposición do taboleiro do paso superior existente no  PK 234/109.

- Demolición da plataforma entre as actuais vías 1 e 2 da estación de Taboadela.

- Movemento de terras na cabeceira lado Zamora da estación de Taboadela. 

- Substitución de  balasto e travesas en vías 2, 3, 4, 5 e 7 da estación de Taboadela. 

- Finca de perfís metálicos e  micropilotes na plataforma da vía convencional para construír un  murete  guardabalasto entre os  PPKK 234/800 e 235/200, na cabeceira lado Ourense da estación de Taboadela.

- Outras actuacións en canalizacións, drenaxes e pequenos movementos de terras.


Traviesas fabricadas por unha empresa radicada en O Carballiño
"Luso Galaica de Traviesas S.A."



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.