Locais 2019: Apoiando a candidatura de Baños de Molgas, un fermoso concello termal


Acudo onte a Baños de Molgas, onde pola tarde o Partido Popular arroupou ao novo candidato á alcaldía, José  Ruído, e ao seu equipo.

No mitín, o presidente provincial, Manuel Baltar afirmou que “no Partido Popular facemos bandeira do rural porque é aí onde están as nosas orixes, porque estamos en todos os  concellos e coñecemos as súas necesidades, pero sobre todo sabemos do seu potencial”.

A Deputación, engadiu, “como  concello de  concellos, está obrigada a liderar a transformación da provincia explotando sectores de enorme futuro como a agricultura, a gandería, o forestal e todas as industrias vinculadas aos mesmos”, sen deixar de citar o turismo nas súas distintas vertentes como unha oportunidade máis de desenvolvemento, de xeración de riqueza, emprego e, en consecuencia, para fixar poboación.

Tiven a oportunidade de dar unha volta por este Vila e constatar unha vez máis a súa enorme beleza e potencial termal e ambiental.

Fixen estas fotos que o acreditan.









Con la tecnología de Blogger.