Salientable aumento en abril da afiliación media á Seguridade Social


A afiliación media á Seguridade Social situouse en España nos 19.230.362 ocupados en abril, a cifra máis alta desde xullo de 2008 (19.382.223).



A ocupación no mes creceu en 186.785 persoas (0,98%), un dato que supera en 10.412 afiliados o rexistrado en 2018 (176.373) e que sitúa este mes de abril como o segundo mellor de toda a serie histórica.

Nos últimos 12 meses, o Sistema sumou 551.901 traballadores inscritos na Seguridade Social (un 2,95% máis), que se distribúen entre todas as comunidades autónomas.

O número de mulleres afiliadas á Seguridade Social segue aumentando e  marca un novo récord en toda a serie histórica con 8.939.333 traballadoras, que representan o 46,49% do total.  En canto aos homes, a cifra de traballadores alcanza os 10.291.029 ocupados (53,51%).

Respecto a 2018

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 551.901 ocupados, o 2,95%. Destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 532.561 traballadores (3,47%). Dentro do Réxime Xeral, o Sistema Especial Agrario sobe no último ano un 0,13%, 996 traballadores máis, mentres que o Sistema Especial do Fogar rexistra 12.283 afiliados menos (-2,92%).

O número de afiliados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos experimentou un incremento interanual de 19.887 ocupados (0,61%). O Réxime do Mar aumentou en 0,24% (158)  e o  Carbónregistró un descenso de 706 traballadores (-31,19%).

No último ano, a afiliación á Seguridade Social ha crecido en todas as comunidades autónomas, encabezadas por Castela-A Mancha (3,85%), Madrid (3,73%) e a Comunidade Valenciana (3,53%).

Respecto a marzo

O sistema da Seguridade Social rexistrou un incremento de 186.785 afiliados medios en abril.

O Réxime Xeral protagonizou esta subida con 173.542 afiliados máis (1,1%), ata situarse en 15.897.052 traballadores. Neste réxime, a afiliación creceu en termos absolutos na maioría dos sectores de actividade, principalmente en Hostalería, que suma 85.493 ocupados neste mes (6,82%). Tamén sobe o Comercio (12.781), Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (11.557) e o sector do Transporte e Almacenamento (11.272). Descende lixeiramente en Actividades Financeiras e de Seguros (-50) e Actividades dos Fogares (-19).

O Sistema Especial de Empregados do  Fogar diminuíu en 338 traballadores (-0,08%) e agora alcanza os 408.004. En canto ao Sistema Especial Agrario, gañou 7.548 afiliados de media (0,97%), ata situarse en 782.361.

O Réxime de Autónomos conta con 3.266.741 persoas, tras aumentar en 12.663 (0,39%) no último mes. O Réxime Especial do Mar, pola súa banda, sumou 586 ocupados (0,91%) ata situarse en 65.012 ocupados. Finalmente, o Carbón sitúase en 1.557 afiliados medios (-5).

En abril, a afiliación subiu en todas as comunidades autónomas, e  con especial intensidade en Illas Baleares, que suma 46.922 ocupados (10,24%).

O dato  desestacionalizado, que serve para facer un seguimento da tendencia de fondo que subxace na evolución da afiliación, mostra un crecemento de 52.192 traballadores respecto ao mes de marzo.

Galicia:



O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de abril en 1.010.592 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 6.186 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,62 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou abril con 779.090 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 210.643 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.859 afiliados medios.



As afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 21.175 no último ano, unha subida do 2,14 %, o segundo maior aumento nun mes de abril desde  o inicio da crise económica; sumando xa seis anos de subidas consecutivas nun mes de abril, o que sitúa a Galicia a un nivel superior ao reflectido hai 9 anos.



Ourense:



O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de abril  en 101.754 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 151 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,15 %). 



En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 93 ocupados (0,09 %). 



A afiliación ao Réxime Xeral rematou abril con 77.859 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.894 afiliados medios. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

 Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.