En abril baixa o paro rexistrado en España, Galicia e Ourense


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de abril de 2019.


Son os seguintes:


Ourense:

Baixa o paro rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 247 persoas, un 1,28 %.


A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do ano pasado, 1.072 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 5,34 %. 


O número de parados queda en 19.018, deles 8.349 son homes e 10.669 mulleres, 17.948 son maiores de 25 anos e 1.070 menores.


Por sectores, 1.038 son da agricultura, 2.266 da industria, 1.604 da construción, 12.225 nos servizos e 1.885 do colectivo sen emprego anterior.


Galicia:


O paro rexistrado de Galicia baixa en abril en 4.615  persoas con respecto a marzo (un – 2,70 %), son máis de 150 persoas ao día (153,8).


O número de parados queda en 166.226, deles 70.068 son homes e 158.156 mulleres, 173.190 son maiores de 25 anos e 9.101 menores.


Por sectores, 6.128 son da agricultura, 18.782 da industria, 13.706 da construción, 113.202 nos servizos e 14.408 do colectivo sen emprego anterior.


A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do ano pasado, 16.065 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,81 %Son 44 desempregados menos ao día durante o último ano, situando á Comunidade en niveis de paro moi inferiores aos de hai 10 anos. Galicia suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de abril.


España:

En abril de 2019 o paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse 172.302 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de descenso interanual do 5,17%.

En termos  desestacionalizados, o paro diminuíu en abril en 19.136 persoas respecto ao mes anterior.

O número de parados rexistrados no mes de abril deste ano baixou en 91.518 traballadores en relación co mes anterior. En valores relativos, este descenso do paro é dun -2,81%.

Así, a cifra total de desempregados sitúase en 3.163.566. O desemprego masculino sitúase en 1.298.708 persoas, ao diminuír en 40.189 (-3,00%). O número de traballadoras en paro redúcese en 51.329 persoas respecto ao mes anterior (-2,68%) quedando o rexistro de desemprego feminino en 1.864.858 persoas. As traballadoras en paro son o 58,95% do total de parados e o ritmo de diminución interanual de paro feminino (3,72%) é inferior ao de diminución do desemprego de homes (7,17%)

Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos tamén se reduce en 15.192 persoas (-5,70%) en relación ao mes anterior, mentres o paro de 25 e máis anos baixa en 76.326 (-2,55%).

Por sectores económicos de procedencia, o paro rexistrado baixa en Servizos en 81.074 (-3,56%); en Agricultura e Pesca en 5.396 (-3,47%); en Industria en 3.472 (-1,24%), e no Colectivo de Sen Emprego Anterior en 1.605 (-0,57%). O incremento produciuse entre as persoas que desempeñaran a súa última ocupación na Construción en 29 persoas (0,01%).

O paro rexistrado baixa en todas as comunidades autónomas, principalmente en Andalucía (-26.225), Catalunya (-14.142) e  Illes  Balears (-10.031).

Con la tecnología de Blogger.