Xerais 2019: “O PP está activado e listo para pedir de novo a confianza dos ourensáns como única opción que garantirá seriedade e estabilidade”


Asisto onte na sede do PP de Ourense á reunión que mantivo o presidente provincial, Manuel Baltar  co coordinador da campaña e secretario provincial, Rosendo Fernández, e os candidatos ao Congreso e ao Senado, onde rematamos de perfilar os detalles da campaña electoral que comezará o próximo 12 de abril.

Ultimamos as liñas básicas que marcarán a campaña dos populares ourensáns, tanto polo que respecta ás mensaxes como aos actos sectoriais e políticos a desenvolver por toda a provincia.

A falta de 28 días para a cita coas urnas, o presidente provincial dixo que “o PP demostrará como se traballa unha campaña en momentos complexos e como, cando hai traballo, proxecto e candidatura hai resultados”.

A reunión, afirmou Manuel Baltar, “demostra que o PP de Ourense é a única formación que mantén unha constante actividade política, polo que estamos en condicións de asumir a responsabilidade de alcanzar un novo triunfo e situarnos como a primeira provincia en apoio porcentual, obxectivo do que estivemos moi preto nas últimas xerais”.

Engadiu que “o PP está activado e listo para pedir de novo a confianza dos ourensáns como única opción que garantirá seriedade e estabilidade”.

Finalizada esta reunión asistín a outra presidida polo alcalde e presidente da xunta local de Ourense, Jesús Vázquez, cos afiliados do distrito de A Ponte na que abordamos cuestión relacionadas coa campaña e tamén coa problemática deste importante barrio.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.