A afiliación media á Seguridade Social volve a superar en marzo os 19 millóns de afiliados

Hoxe coñecemos que a afiliación media á Seguridade Social superou en marzo os 19 millóns de afiliados medios e alcanzou os 19.043.079 ocupados, a cifra máis alta desde agosto de 2008 (19.137.556) e o mellor marzo desde fai once anos. Hai que lembrar que as cifras corresponden a un mes de marzo previo ao período vacacional da Semana Santa, que este ano se encadra no mes de abril. 

A ocupación no mes creceu en 155.104 persoas (0,82%), un dato que supera en 16.531 o rexistrado en 2018 (138.573). Nos últimos 12 meses, o Sistema sumou 541.489 afiliados (un 2,93% máis).

Destaca de novo o número de mulleres afiliadas á Seguridade Social, que marca récord en toda a serie histórica e  totaliza 8.835.018 traballadoras. Representan o 46,39% do total de ocupados.  En canto aos homes, a cifra de traballadores alcanza os 10.208.558 ocupados (53,61%).

O dato  desestacionalizado, que serve para facer un seguimento da tendencia de fondo que subxace na evolución do número de afiliados, crece no mes en 53.036 respecto ao mes de febreiro.

Respecto a 2018

En relación ao ano pasado, o Sistema gañou 541.489 ocupados, o 2,93%, e destaca o bo comportamento do Réxime Xeral, que incorpora 517.083 traballadores (3,40%), ata situarse en 15.723.510 traballadores. Trátase do mellor rexistro da serie mensual –a integración dos réximes Agrario e do Fogar para unha comparativa homoxénea produciuse en 2012-.

No Réxime Especial de Traballadores Autónomos hai que sinalar que a taxa aumentou un 0,73%, o que se traduce nun crecemento de 23.678 persoas. O Réxime do Mar aumenta en 2,32% (1.459)  e o Carbón rexistrou un descenso de -31,87% (-731).

En termos anuais, a afiliación creceu en todas as Comunidades Autónomas, destacando en cifras absolutas os incrementos de Madrid (117.203), Andalucía (105.364) Cataluña (89.679) e Comunidade Valenciana (58.289).

Respecto a febreiro

O Réxime Xeral rexistrou un aumento de 138.724 persoas (0,89% máis), ata situarse en 15.723.510 traballadores.

En marzo, a afiliación creceu en termos absolutos en todos os sectores, principalmente en Hostalería (57.401), Construción, con 14.986 ocupados; Actividades Sanitarias e Servizos Sociais (9.957); Educación (8.160); Administración Pública e Defensa, Seguridade Social Obrigatoria (7.503); Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares (7.355) e Industria Manufactureira (7.147).

O Sistema Especial do Empregados do  Fogar sumou 666 (0,16%) e agora alcanza os 408.343 ocupados. En canto ao Sistema Especial Agrario, perdeu 10.232 afiliados medios (-1,30%), ata situarse agora en 774.812 persoas.

O Réxime de Autónomos conta con 3.254.078 persoas, tras aumentar en 14.425 (0,45%) no último mes. Respecto ao Réxime Especial do Mar, sumou 1.983 ocupados (3,18%) ata situarse en 64.426 ocupados. Finalmente, o Carbón sitúase en 1.562 afiliados medios (-28).

Por CCAA, o número de afiliados en marzo aumentou practicamente en todas, especialmente en Andalucía (29.142), Cataluña (25.100), e Baleares (24.243), Madrid (17.168) e Comunidade Valenciana (15.549). Só baixa en Castela-A Mancha (-468) e na Ciudad Autónoma de Melilla (-12).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado marzo en 1.004.405 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 7.094 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,71%). O incremento producido é o maior nun marzo de toda a serie histórica, desde 2005.

A afiliación ao Réxime Xeral terminou marzo con 773.036 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 210.297 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 21.072 afiliados medios

As afiliacións á Seguridade Social aumentaron en 19.521 no último ano, unha subida do 1,98 %. É a segunda maior subida nun mes de marzo desde o inicio da crise económica. 

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado marzo en 101.602 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 471 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,47 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 76 ocupados (-0,08 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral rematou marzo con 77.711 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.892 afiliados medios. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.