Esta mañá dominical tiven oportunidade
de acompañar a un gran xentío de ourensáns que se achegaron ata o Parque de San
Lázaro para celebrar o Domingo de Ramos.
O bispo de Ourense, Don
Leonardo Lemos Montanet, bendixo os ramos e as palmas, léronse varias
oracións e despois dunhas palabras partiu a procesión co paso da “Borriquiña”
polas rúas do Paseo, Lamas Carvajal, Ceano e finalizou na Catedral. Onde de seguido tivo lugar a Santa Misa.
Resaltar a
gran cantidade de nenos e maiores que participaron nestes actos relixiosos de
gran tradición na nosa cidade.
Recibirá resposta