Xerais 2019: Trasladando aos Xóvenes Empresarios as nosas propostas para o emprendemento

Os candidatos do Partido Popular ao Congreso e ao Senado mantivemos esta mañá unha reunión coa Asociación de Xóvenes Empresarios para escoitar as súas principais inquedanzas e trasladar as propostas que inclúe o programa popular para dar pulo a este colectivo.

Os representantes do PP lembramos o compromiso que o partido mantivo sempre cos emprendedores, como xeradores de riqueza, de emprego e de iniciativas innovadoras.

Fixemos fincapé nos resultados na reducción do desemprego.  Así desde o inicio da etapa de Goberno do PP (decembro de 2011) ata a finalización (xuño de 2018) o paro rexistrado baixou en Ourense un 31,34 % (8.842 parados menos). E no caso de desempregados menores de 25 anos a redución chegou ao 57,49 %  (1.388 parados menos).

Nesta liña subliñamos que a Lei de Apoio ao Emprendemento do goberno de Mariano Rajoy axudou a crear preto de 35.000 empresas, mellorando o seu marco regulatorio, facilitando a reestruturación do crédito, financiamento alternativo ou a rebaixa de impostos cun tipo reducido do 15 % paras empresas de nova creación.

Logo de repasar diversos aspectos da economía provincial e dos principais sectores produtivos da provincia, os candidatos populares expuxemos as claves das novas iniciativas que propoñemos para unha próxima lexislatura, tendo en conta ademais que se achega a chamada cuarta revolución industrial.

Ademais da reforma fiscal, das medidas para reter talento, para gañar competitividade e sumarse á dixitalización empresarial, os candidatos fixemos especial mención á chamada “autopista administrativa”, que pretende axilizar ao máximo o proceso de constitución de empresas para que en sete días, ao máximo, se podan crear novos proxectos.


Tamén abordamos cuestións relacionadas coa cultura empresarial, a formación profesional dual, o apoio o comercio, ás empresas agroalimentarias, e as infraestruturas e a loxistica.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.