En Radio Voz falando sobre a mellora da atención primaria e das eleccións vindeiras


Interveño esta mañá no faladoiro de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal na que participo tamén Iván Puentes.

LISTAS ELECTORAIS

Falamos en primeiro lugar dos problemas na confección das listas electorais e que xeran tensións nos partidos. Dixen que era unha situación normal que nesta ocasión faise máis rechamante polo feito de que hai dous procesos electorais seguidos, as xerais e despois as locais, europeas e autonómicas. E que tamén se vía afectada polos cambios que viviron as formacións políticas tradicionais do noso país ( con cambios de dirección no PSOE e no PP) e de formulación ideolóxica nalgún caso como Cidadáns, de crise interna en Podemos ou o PdeCat e pola aparición de forzas políticas emerxentes.

Dixen que tendo en conta que as candidaturas preséntanse ata o 25 de marzo, pasemos despois aos debates e propostas sobre programas electorais e temas que deben interesar a todos os cidadáns: a situación económica,  o paro, as pensións, a sanidade, o medio ambiente, a seguridade  cudadana, as infraestruturas, etc.

ATENCIÓN PRIMARIA

A moderadora propúxonos logo falar da atención primaria que está de actualidade pola noticia de onte de que o Servizo Galego de Saúde chegou a un acordo sobre a mellora da Atención Primaria co Consello Galego de Médicos, e representantes das Sociedades Científicas de Atención Primaria.

Dixen que as medidas acordadas están dirixidas a atender o exceso de demanda de pacientes, a través da creación de 60 novas prazas nos próximos dous anos para os centros de saúde. A creación dun Comité Técnico de expertos, que nos vindeiros 4 meses afrontará o desenvolvemento das estratexias a desenvolver en Primaria. E dun Consello Asesor de Atención Primaria de carácter permanente, no que participarán colexios profesionais e sociedades científicas para liderar o desenvolvemento desas estratexias. E que potenciarase a figura dos xefes de servizo como responsables de organizar a actividade de todas as categorías profesionais dos centros de saúde, e incentivar a figura do titor de residentes. Unhas medidas que contarán con financiamento necesario para poñer en marcha as actuacións propostas.


Falei tamén de que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pediu onte ao Ministerio de Sanidade máis concreción e desde logo máis accións” para empezar a resolver o problema da atención primaria.  Que, o borrador do novo modelo de atención primaria que presentou a ministra de Sanidade tan só recolle un 16% de medidas a curto prazo. O novo modelo galego plantexa 175 medidas, das que 40% son para implantar a curto prazo.


E dixen que lmuiña amosou a súa decepción pola falta de resposta ministerial á reiterada petición de Galicia sobre a necesidade de acreditar novas unidades docentes para médicos de familia e pediatría. Lembrei que Galicia xa manifestou en numerosas ocasións a necesidade de aumentar un 26% as prazas MIR de medicina de familia e un 23% as prazas de pediatría con respecto do exame MIR de 2017. En concreto, solicitou acadar na próxima convocatoria as 124 prazas para a especialidade de medicina de familia e incrementar en seis prazas a de pediatría, pasando das 20 actuais ata 26.
Celebrei tamén que tamén esta semana o persoal de servizos xerais respaldase ás propostas recollidas no documento do Plan de Mellora de Atención Primaria ao igual que as categorías profesionais de enfermería e fisioterapia.

Dixen para rematar, que o envellecemento, a cronicidade e a complexidade dos pacientes fan necesaria a incorporación de novos profesionais en diferentes categorías e a adopción de novos roles e a adopción de medidas dirixidas a facer evolucionar este modelo de atención primaria. E de manter un orzamento específico para o programa de gasto atención primaria de saúde, diferenciado dentro da clasificación funcional do Organismo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.