Na celebración do Día Mundial da Auga: "Non deixar a ninguén atrás"

Celebramos hoxe 21 de marzo o Día Mundial da auga.

O Día remóntase á Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente e o Desenvolvemento de 1992 na que se propuxo declarar unha data dedicada a este asunto. A Asemblea Xeral decidiu designar o 22 de marzo de 1993 como o primeiro Día Mundial. Cada ano, ONU-Auga, a entidade que coordina o traballo da Organización sobre a auga e o saneamento, establece un tema para o Día correspondente a un desafío actual ou futuro.

O tema deste ano é "Non deixar a ninguén atrás". Trátase dunha adaptación da promesa central da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable: todo o mundo debe beneficiarse do progreso do desenvolvemento sustentable.

Unha das metas do Obxectivo 6 de Desenvolvemento Sustentable ( ODS 6) consiste en garantir a dispoñibilidade e a xestión sustentable da auga e o saneamento para todos de aquí a 2030. Por definición, iso significa non deixar a ninguén atrás.

Hoxe en día millóns de persoas viven aínda sen auga potable –no fogar, a escola, o lugar de traballo, a granxa, a fábrica– e loitan por sobrevivir e prosperar. A miúdo, esquécense os grupos marxinados: mulleres, nenos, refuxiados, pobos indíxenas, persoas con discapacidade e moitos outros. Ou ben, discriminallos cando tentan conseguir e xestionar a auga potable que necesitan.

Cando falamos de “auga potable” referímonos ao “servizo de abastecemento de auga potable xestionado de maneira segura”, é dicir, auga á que se pode acceder nas vivendas, cando se necesita e que non está contaminada.

O dereito á auga

En 2010, as Nacións Unidas recoñeceron que “o dereito á auga potable e o saneamento é un dereito humano esencial para o pleno goce da vida e de todos os dereitos humanos.” Por dereito humano á auga enténdese o dereito de toda persoa, sen discriminación, a dispoñer de auga suficiente, segura, aceptable, accesible e alcanzable para uso persoal e doméstico, e comprende a auga para o consumo, o saneamento, a coada, a preparación de alimentos e a hixiene persoal e doméstica.

A celebración da  CHMS

Para conmemorar o día 22 de marzo a Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil, (CHMS) preparou hoxe en Monforte de Lemos unha celebración lúdica pero educativa, fomentando a escoita activa do maior ás achegas dos máis pequenos en canto á conservación e coidado da auga e a súa contorna. 

Foi nun centro escolar próximo a un leito urbano e no que tanto a dirección e o profesorado como o alumnado mostrásense interesados coa temática. Elixíronse os cursos de 3º e 4º de Primaria do CEIP Monforte de Lemos (Lugo); o acto comezou coa estrea da curtametraxe de sensibilización titulado “A  Saramaganta”, que  ensina como podemos colaborar no coidado e bo uso da auga; para continuar cunha charla sobre educación ambiental como reforzo ás pautas adquiridas no documental; finalizando coa inauguración dunha exposición itinerante, composta por 9 paneis didácticos, con información xeral da conca  hidrográfica, do río e do ecosistema que o sustenta, e un ultimo panel moi concreto con “Consellos para coidar a auga e os nosos ríos”.

Para celebrar o Día Mundial da auga e durante todo o ano, a Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil realiza actividades de educación ambiental en distintos colexios da demarcación nas provincias do Ourense, Lugo, Pontevedra e León, a través dos proxectos “Gústame o meu río”, da curtametraxe “A  Saramaganta” e da exposición itinerante “Os Ríos dás  dez mil Terras”.

O obxectivo destes traballos é que os máis pequenos comprendan que a auga e os ecosistemas fluviais son limitados, incidindo na necesidade de asumir a responsabilidade e o papel do ser humano na conservación dos mesmos. Ademais, preténdese fomentar actitudes respectuosas no consumo de auga, tentando que eses coñecementos non queden na escola, senón que formen parte das rutinas habituais nos ámbitos familiar e social.

Sen dúbida unha moi boa iniciativa deste organismo que ten a súa sede en Ourense.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.