Adxudicadas as obras da nova Estación de alta velocidade “Porta de Galicia” en A Gudiña


Publica hoxe a Plataforma de Contratación do Estado que Adif-AV adxudicou o 8 de marzo o contrato de obras de execución do proxecto de construción da nova Estación de alta velocidade “Porta de Galicia” en A Gudiña no Corredor norte - noroeste de alta velocidade.

Concorreron 26 licitadores e resultou adxudicataria a UTE DRAGADOS- TECSA.

O importe de Adxudicación foi de 2.667.758,2 € e o prazo de execución e de 8 meses.



As actuacións proxectadas inclúen a construción do edificio de viaxeiros, a formación de plataformas e construción de marquesiñas sobre estes, o acondicionamento do paso inferior de acceso a plataformas con elementos de comunicación vertical, o aparcadoiro e urbanización exterior, os accesos rodados próximos ao edificio de viaxeiros e a conexión co viario de acceso. A estación terá acceso por medio da estrada OU-533.

Dentro das obras do proxecto de plataforma ferroviaria onde se localiza a estación, que por certo hoxe mesmo visitei, xa se executou unha plataforma e un paso inferior peonil. Co contrato presente, acondicionaranse os elementos xa construídos e dotaráselles de elementos de seguridade.

Estou moi ledo con esta nova que expresa a continuidade do traballo que comezou hai moito tempo, como teño dado conta neste Blog en diversas ocasións.




http://www.celsodelgado.gal/2018/03/preguntando-sobre-la-evolucion-de-las.html

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.