Adxudicados catro novos contratos de servizos que gardan relación coa LAV a Galicia



Son os seguintes:

Servizos de consultoría e asistencia para o control da execución das obras do proxecto de construción de instalacións de protección e seguridade nos túneles da liña de alta velocidade Madrid-Galicia. tramo:  Pedralba de la Pradería-Vilariño.

O orzamento base de licitación foi de 912.511,57 euros. O adxudicatario resultou ser  SAITEC SA, sendo 13 o número de licitadores Presentados. E o importe de adxudicación foi de 615.945,30 €.

Servizos de consultoría e asistencia para o control da execución das obras do proxecto de construción de instalacións de protección e seguridade nos túneles da liña de alta velocidade Madrid-Galicia. tramo: Vilariño-Taboadela.

O orzamento base de licitación foi de 912.511,57  €,. O adxudicatario resultou ser a UTE  LRA –  LCA, sendo 14 o número de licitadores presentados. E o Importe de adxudicación foi de 588.570,31 €.



Estas actuacións comprenden, entre outras instalacións, as de sinalización de evacuación, alumado de emerxencia, ventilación de  presurización en saídas de emerxencia, sistemas de radiocomunicación para medios de intervención, equipos de detección e extinción de incendios.

En total, previuse actuar en 19 túneles. No tramo  Pedralba-Vilariño inclúense os túneles de  Pedralba, Requejo,  Padornelo,  Avesedimas,  Hedroso, Lubián e A  Canda, na provincia de Zamora, e os de  Vilavella, O Cañizo e Espiño, na provincia de Ourense.


Pola súa banda, os túneles do tramo Vilariño-Taboadela sitúanse integramente na provincia de Ourense:  Bolaños,  Portocamba,  Cerdedelo, O Corno,  Corga de Vela, Prado,  Seiró, Bouzas e Os Casares.



Servizos de consultoría e asistencia técnica para o control e seguimento das obras do proxecto de construción da base de montaxe de  Meamán e instalacións auxiliares para a montaxe de vía no corredor norte noroeste de alta velocidade. Tramo  Olmedo-Lubián- Ourense. subtramo: Pedralba de la Pradería–Taboadela.

O orzamento base de licitación foi de 433.596,93  €. O adxudicatario resultou ser  AYESA  INGENIERIA E ARQUITECTURA  SAU, sendo 14  o número de licitadores presentados. E o importe de adxudicación foi de 280.537,62  €.

A base de montaxe, que se localiza no  Concello de  Meamán, sitúase no subtramo de plataforma Porto- Meamán, aproximadamente no punto quilométrico 430/088 da  LAV Madrid-Galicia en construción, e xunto á liña de ancho convencional Zamora-Ourense, actualmente en servizo.


A base deseñada conta cunha superficie total aproximada de 2,7 hectáreas e aloxará unha praia de cinco vías, disposta en dous peites entrelazados de ancho 1.668 mm e 1.435 mm, xunto cos edificios e equipamentos necesarios

          


Servizos de consultoría e asistencia para o control da execución das obras do proxecto do novo aparcadoiro para turismos integrado na nova estación intermodal de Ourense.

O orzamento base de licitación foi de 696.308,34  €.  O adxudicatario resultou ser  GRUSAMAR  INGENIERIA E  CONSULTING  SL, sendo  21 o número de licitadores presentados. E o importe de adxudicación foi de 420.709,50 €.

O novo aparcadoiro, que terá capacidade para 302 prazas en dúas plantas, situarase no subsolo da Praza da Estación e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios.



Con la tecnología de Blogger.