jueves, 7 de febrero de 2019

A Xunta aproba máis de 2.000 prazas en 35 especialidades na maior Oferta Pública de Emprego docente na última década

Da actualidade política de hoxe saliento vicepresidente o anuncio feito onte polo vicepresaidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, na rolda de prensa do Consello, da aprobación definitiva da oferta de emprego no ensino público para o ano 2019, que será o maior reforzo do corpo docente galego nos últimos dez anos.
“Seguimos apostando pola educación pública porque significa apostar polo futuro do país. Por iso un Goberno como este, que está pensando xa na construción da Galicia da vindeira década, non pode desatender o reforzo da nos a educación pública”, subliñou Rueda. En concreto, vanse convocar 2.064 prazas en 35 especialidades diferentes.
“Reforzámola con novas materias adecuadas ás necesidades sociais, con máis tecnoloxía e mellores equipamentos, con máis idiomas en todos os niveis e, por suposto, apuntalando os piares da excelencia educativa, que non son outros que os profesores”, sinalou o vicepresidente.
Das 2.064 prazas, 1.122 corresponderán á taxa de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 á promoción interna. Como é habitual, as oposicións arrancarán unha vez que remate o curso escolar.
Con esta Oferta Pública de Emprego, unida ao maior concurso de traslados da historia de Galicia, lograrase a maior estabilidade de docentes alcanzada nunca. Na actualidade a taxa de interinidade na educación pública está na contorna do 9%, a máis baixa de España. Tras a OPE, prevese a súa redución ata o 7%.
“Hoxe damos un paso máis para consolidarnos nesta posición, que ilustra a nosa confianza nos docentes de Galicia, e a nosa crenza de que a estabilidade laboral se traducirá nun reforzo da excelencia da nosa educación pública”, apuntou Rueda.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta