A piques de rematar as obras de mellora na Avenida Otero Pedrayo en Ourense


Salientar que onte o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o alcalde, Jesús Vázquez, supervisaron as obras de mellora na Avenida Otero Pedrayo, que estarán rematadas a finais do vindeiro mes de marzo, tras o investimento de 2,2 millóns de euros.

Francisco Menéndez destacou que é unha obra de reforzo da seguridade viaria e integración na trama urbana, ambiciosa e completa, coa que o Goberno galego lle dá resposta ás necesidades dos veciños.

A Xunta actuou nos 2 primeiros km desta estrada, que conta con tráfico intenso ao atravesar o campus e ser, ademais, unha das vías de entrada á cidade e os traballos xa se atopan  ao 80% da súa execución total.

O director da AXI explicou que as dúas glorietas, no acceso ao barrio da Rabaza e ao campus norte, están practicamente rematadas e xa funcionan como tal. Engadiu que a mellora da rede de abastecemento, saneamento e drenaxe tamén está finalizada.

Concretou que xa están executadas as novas beirarrúas e un tramo de senda peonil, así como a iluminación coa colocación de luminarias LED para maior eficiencia enerxética, e os semáforos con pulsador para favorecer o paso dos peóns.

Nestes momentos, están a executarse os traballos de xardinería e acondicionamento do interior das novas glorietas, nas que se colocarán fontes con iluminación decorativa, para reforzar o vínculo de Ourense coa auga, símbolo xa da cidade. Deste xeito, queda pendente o aglomerado e o pintado da estrada, para o que cómpren boas condicións meteorolóxicas.

Finalmente salientar que o Executivo autonómico segue traballando para mudar por completo a imaxe desta zona de Ourense cunha actuación integral que fará a cidade e máis humana e segura. A ese obxectivo tamén contribúen outras actuacións xa en marcha na rúa Seixalbo, e ás que se sumarán tamén obras nas rúas Marcelo Macías, Progreso, Arnoia, Concordia ou a 2ª fase de Ponte Vella.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.