Unha nova rebaixa do imposto sobre bens inmobles no concello de Ourense


Onte 1 de xaneiro entrou en vigor no  concello de Ourense, unha nova rebaixa do recibo do IBI, do 10%, que sumado ao 10% do ano anterior supoñerá un 20% menos para o contribuínte.

No  BOP do 31 de decembro  publícase o Edicto de Aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles para o ano 2019.
Mediante Decreto de Alcaldía do 27 de decembro de 2018 elevouse a definitivo o acordo de aprobación provisional adoptado polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria do 24 de outubro de 2018, de modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles para o ano 2019.
A modificación da ordenanza producirá efectos desde o 1 de xaneiro de 2019 e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=298&fecha=20181231
Unha decisión positiva para os ourensáns propietarios de bens inmobles - que aforarán cartos - e que é consecuencia do acordo alcanzado en agosto de 2017 polo Partido Popular con Democracia Ourensá.

Con cooperación e acordos, saímos gañando todos.


Con la tecnología de Blogger.