Remata 2018 con 3.202.297 parados, un 6,17% inferior ao do ano precedente


Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado a finais de 2018 nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego. Estos son os datos:


OURENSE:


Baixo paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 366 persoas, un – 1,88 %. (en decembro de 2017 tiña baixado en 471, un -2,31 %). Hai unha desaceleración na redución do desemprego.

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 831 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,17 %. (o ano pasado a caída foi de 2.790, un -12,28 %)

O número de parados queda en 19.099, deles 8.490 son homes e 10.609 mulleres, 18.124 son maiores de 25 anos e 975 menores.


Por sectores: 1.170 son da agricultura, 2.372 da industria, 1.663 da construción, 12.079  dos servizos e 1.815 do colectivo sen emprego anterior.



GALICIA:


Baixo paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 1.074 persoas, un – 0,63 %. (en decembro de 2017 tiña baixado en 2.162, un -1,16%)

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 15.718 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,50 %.

Galicia leva un ano entre as catro Comunidades que máis reduciu o paro, mes a mes, na evolución interanual. Ademais, desde 2014 está logrando pechar o ano cun descenso do paro maior que no conxunto do Estado.


O número de parados queda en 169.295, deles 73.383 son homes e 95.912 mulleres, 161.437son maiores de 25 anos e 7.858 menores de 25 anos.


Por sectores: 6.583 son da agricultura, 19.693 da industria, 14.963 da construción, 113.949 dos servizos e 14.107 do colectivo sen emprego anterior.

O paro baixa nas catro provincias galegas: A Coruña (-9,30%), Lugo (-8,93%), Pontevedra. 

(-8,76%) e Ourense (-4,17%) e nas sete grandes cidades. Descende tamén en todos os sectores, liderando esta caída a construción cun -17,51% menos de paro, seguida pola industria, cun -10,26%. O desemprego redúcese nos colectivos prioritarios destacando o descenso rexistrado nos parados de longa duración (-11,41%) o que ten permitido que 3 de cada 5 persoas que saíron do paro nos últimos 12 meses foran desempregados de longa duración.

ESPAÑA:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en 210.484 nos últimos doce meses, cun ritmo de redución interanual do 6,17%. Inferior ao -7,84 % acadado o ano anterior, cando o paro baixou en 290.103 persoas.

Así, a cifra total de parados sitúase en 3.202.297. O paro rexistrado continúa nos seus niveis máis baixos dos últimos 9 anos.

En termos  desestacionalizados, o paro descendeu en 8.746 persoas.

O número de desempregados reduciuse en decembro en 50.570 persoas en relación co mes anterior, un 1,55%. En decembro de 2017 tiña baixado en 61.500 persoas.

O desemprego masculino sitúase en 1.337.244 persoas, ao baixar  en 5.697 (-0,42%) e o feminino en 1.865.053, ao reducirse en 44.873 (-2,35%) en relación ao mes de novembro. Se o comparamos con decembro de 2017, o desemprego masculino baixa en 122.482 (-8,39%) persoas, e o feminino descende en 88.002 (-4,51%).

Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos redúcese en decembro en 17.378 persoas (-6,57%) en relación co mes anterior. En termos interanuais baixa en 21.194 persoas, a un ritmo do 7,9% (1,73 puntos por encima da taxa de redución global).

Entre os que teñen 25 e máis anos o paro baixa en 33.192 (-1,11%).

O paro rexistrado ten baixado en 14 comunidades autónomas, principalmente en Andalucía (-22.306), Madrid (-6.578), Comunidade Valenciana (-4.433). Sobe, con todo, en Cantabria (718) e  A Rioxa (172).

Por sector económico de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en Agricultura en 10.392 (-6,97%), en Servizos, onde baixa 43.874 (-1,93%), e no colectivo sen emprego anterior redúcese  en 10.269 (-3,66%). Pola contra aumentou no sector Industria en 3.967 (1,42%), e en Construción en 9.998 (3,74%).

A contratación indefinida en 2018, a máis alta da serie histórica

No conxunto do ano 2018 celebráronse 2.284.924 contratacións indefinidas, 355.674 máis que o ano anterior. Esta cifra é a máis alta de toda a serie histórica e supón un incremento do 18,44% con respecto ao total do ano 2017.

O número total de contratos rexistrados durante o mes de decembro foi de 1.709.631. Tamén é a cifra máis alta de toda a serie histórica nun mes de decembro. Deles, 144.778 eran contratacións indefinidas e 1.564.853 contratos temporais.

Respecto a os contratos indefinidos, en decembro rexistrouse un incremento de 13.711 (10,46%) sobre igual mes do exercicio anterior, mentres que os temporais aumentaron un 2,89%. As contratacións indefinidas representan este mes un 8,47% de todos os contratos.

Pola súa banda, a contratación acumulada no conxunto de 2018 alcanzou a cifra de 22.291.681.

Con la tecnología de Blogger.