Comenzando 2019 co concerto de Aninovo da Filarmónica de Viena



Comezo a mañá de hoxe primeiro de xaneiro, como millóns de persoas, vendo pola televisión o Concerto de Aninovo da  Filarmónica de Viena, unha das mellores orquestras do mundo, este ano dirixida polo director  berlinés  Christian  Thielemann.

E todo iso no marco da magnífica Sala Dourada, o  Musikverein - que tiven ocasión de coñecer hai anos - e gozando dunha retransmisión televisiva da ORF de alta calidade, refinados adornos florais, escenas de ballet en fermosas localizacións, coreografías e vestiarios, un bonito documental para o descanso, etc. 

En definitiva un pracer escoitar a música de grandes mestres Strauss, Carl Michael  Ziehrer e de  Josef Hellmesberger, entre outros. 

Que mellor maneira para empezar o ano novo! 

Feliz 2019 !



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.