Despedindo 2018 correndo polas rúas de Ourense

Participo onte, con outras 1.111 persoas inscritas, na terceira edición da carreira da San Silvestre de Ourense, que se celebrou polas rúas do centro histórico.

Na categoría absoluta o circuíto que tivo orixe e meta no Posío foi de 5 quilómetros e percorreu as rúas do centro histórico da cidade: Pai Feijoo, Colón, Praza Maior, Barreira, As Burgas, Desengano, Avenida de Pontevedra, Rúa Lamas Carvajal, Paseo, Concordia, Santo Domingo,  Praza do Ferro, Fornos, Unión, Praza do Trigo, Hernán Cortés, Prieto Nespereira e Lugo.  O Gañador foi Julián Romero que empregou un tempo de 16:48 minutos.


Antes da carreira absoluta celebráronse as probas da categoría sub-16, sub-14, sub-12 , sub-10 e ' Pitufos'.

Todos eles recibiron unha medalla ao finalizar.

Perfecta a organización desta proba que está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo e que foi controlada polo Comité galego de Xuíces e Cronometradores da Delegación en Ourense. 

E agradecemento especial ao patrocinador “Renault Luís Aragonés



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta





Con la tecnología de Blogger.