Quedan 21 días para que Fomento licte a circunvalación do Barco de Valdeorras


A 21 días de que remate o ano 2018, volvo a amosar a miña preocupación  pola falta de acción gubernamental en relación coa conexión entre a N-120 e a N-536, a coñecida como Circunvalación de O Barco de Valdeorras.


Estrada que depende do Ministerio e alerto sobre o risco de perder investimentos e de adiamento desta obra que é moi necesaria.


Insisto – como facía o 13 de novembro – que pode ser licitada dun xeito inmediato e que ten todos os trámites cumpridos:

O proxecto construtivo desta estrada (5,6 qm. e un orzamento de 63,6 millóns) foi aprobado en novembro de 2016.

No ano 2017 foron ultimados todos os trámites relacionados coas expropiacións dos terreos.

O 7 de maio de 2018, nun acto oficial en Ourense, o anterior ministro Íñigo de la Serna dixo que “a circunvalación do Barco é outra das estradas demandadas na provincia e na que estamos a traballar na fase final da tramitación, correspondente a un proxecto xa aprobado con vistas a poder licitar neste mesmo ano as actuacións”

Pois ben, o Goberno socialista, malia ter consignados 3 millóns de euros nos  PGE para 2018, segue sen licitar as obras desta estrada que resulta de gran importancia para evitar o tránsito de camións pesados polo centro do Barco, estrada que ademais vén sendo reclamada de modo insistente desde hai anos polas forzas políticas e sociais de Valdeorras.

Reclamo a licitación inmediata. Non hai escusas.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.