sábado, 17 de noviembre de 2018

En Sportur Galicia 2018


Visito esta mañá en Expourense, o salón Sportur Galicia 2018 que chega a súa segunda edición co obxectivo de dar a coñecer o labor que realizan ao longo de todo o ano as federacións e clubes deportivos de Galicia ofrecendo un programa con máis de 100 actividades orientadas a promover unha vida activa, saudable e en contacto coa natureza.

Quere demostrar o perfecto binomio que en Galicia forman o turismo e o deporte á hora de vender á nosa comunidade como destino entre mercados de proximidade incluíndo ademais a presenza de expositores de Asturias e do Norte de Portugal. 

Fixen un percorrido acompañando á secretaria xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro e o director xerente de Expourense Alejandro Rubín.

Había un completo programa de actividades dirixidas tanto aos deportistas profesionais como aos afeccionados como tamén para as familias. Tamén clases abertas para os visitantes, adestramentos, exhibicións e tamén de torneos e campionatos, como un de halterofilia.

A celebración desta segunda edición serve de quecemento para a XLII Carreira Popular de San Martiño porque os corredores inscritos – entre eles quen escrebe - recollen os seus dorsais no recinto feiral.

Turismo activo

Entre os expositores procedentes de Portugal destaca a presenza dos parceiros de Turismo Porto e Norte que animou ás cámaras municipais a presentarse como destino activo de proximidade. Dentro desta rexión tamén haberá outros destinos que participan de xeito independente como Ponte de Lima, Ribeira da Pena, Montalegre, Melgaço ou Vila Real, entre outras.

Polo que respecta a Galicia, nesta cita estanse a promocionar como destinos activos, naturais e sostibles concellos como o de Ourense, Maceda, Trives, Catoira, Arnoia, Viveiro, Dumbría ou entidades como o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, entre outros. Tamén participa o de Ribadesella, en Asturias.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta