Medra o paro en España, en Galicia e especialmente en Ourense


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2018.

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego nos últimos doce meses reduciuse en 212.323 persoas, situando o ritmo de diminución interanual de diminución no 6,12%.

En termos  desestacionalizados, o paro descendeu en 27.483  persoas.

O número de desempregados subiu en outubro en 52.194  persoas en relación co mes anterior (1,63%). Esta cifra é inferior á do ano pasado, que rexistrou un aumento de 56.884 persoas.

A cifra total de parados é de 3.254.703. Así, o paro rexistrado continúa nos seus niveis máis baixos dos últimos 9 anos.

O desemprego masculino sitúase en 1.340.190  persoas, ao subir en 27.039 (2,06%) e o feminino en 1.914.513, ao incrementarse en 25.155 (1,3%)  en relación ao mes de setembro. Se o comparamos con outubro de 2017, o desemprego masculino baixa en 125.187 (-8,5%)  persoas, e o feminino descende en 87.136 (-4,3%).

Aumenta o desemprego dos mozos menores de 25 anos en outubro en 10.724 (4,07%) persoas en relación co mes anterior. Durante os últimos 12 meses o paro entre os mozos reduciuse en 23.145 persoas, que supón un ritmo do 7,8%, máis dun punto e medio por encima da taxa de redución global, que é do 6,1%.
Entre os que teñen 25 e máis anos o paro increméntase en outubro en 41.470 (1,4%) respecto a setembro.

En canto aos Contratos de Formación e Aprendizaxe, comunicáronse aos Servizos Públicos de Emprego un total de 4.636 no último mes de outubro.

O paro rexistrado baixou en 3 comunidades autónomas: na Comunidade Valenciana (-2.902), Madrid (-2.106) e  no País Vasco (-622). Sobe nos 14 restantes encabezadas por Andalucía (10.854) e Cataluña (10.853).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en Construción en 3.695 (-1,3%). Pola contra sobe en Agricultura 9.301 (6,6%), en Industria en 2.821 (1,01%), en Servizos en 43.219 persoas (1,9%) e no colectivo sen emprego anterior en 548 (0,19%).

Ourense:

Medra o paro rexistrado en outubro en relación co mes anterior en 959 persoas, un 5,09 %. Hai un ano o paro baixaba en Ourense en 296 persoas (-1,44%)

A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado,  506 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 2,49 %. Hai un ano o mesmo dato era dunha caída do - 7,38 %.
Sen dúbida, os datos deste mes son moi negativos.

O número de parados queda en 19.799, deles 8.365 son homes e 11.434 mulleres, 18.660 son maiores de 25 anos e 1.139 menores.

Por sectores, 1.067 son da agricultura, 2.412 da industria, 1.591 da construción, 12.737 nos servizos e 1.992 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en outubro en 3.424 persoas con respecto a setembro (un 2,06 %). 

O número de parados queda en 169.744, deles 71.014 son homes e 98.730 mulleres, 160.988 son maiores de 25 anos e 8.756 menores.

Por sectores, 6.075 son da agricultura, 18.940 da industria, 13.841 da construción, 115.892 nos servizos e 14.996 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a outubro do ano pasado, 16.159 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 8,69 %. 


Con respecto ao dato provincial, lidera a caída do paro Pontevedra (-10,21%), seguida de Lugo (-9,11%), da Coruña (-8,76%) e de Ourense (-2,49%).


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.