
O líder do PPdeG apuntou que Ourense ten a “peor das oposicións”: a que pon trabas a toda iniciativa que beneficie á cidade; a que é máis coñecida polos seus espectáculos que por ter aportados ideas e propostas; e a que celebra cando algo non pode ir adiante e se contraria cando se avanza.
Indicou que, se hai tres anos Jesús Vázquez se presentaba como candidato do PP á alcaldía, hoxe é “o candidato de toda unha cidade” que é a súa prioridade: “Ourense primeiro –continuou- cando decidiches deixar de ser conselleiro para traer a ilusión á túa cidade e desde o primeiro día que chegaches á Alcaldía”.
Para Feijóo, as vindeiras eleccións municipais van máis aló dunha cuestión de partidos, xa que ou é “a opción dos ourensáns que queren a Ourense ou é a dos que teñen demostrado todo o contrario”. “É Jesús Vázquez –engadiu-, un alcalde de todos os ourensáns, ou é a oposición á cidade”. Neste senso, apuntou que o obxectivo é que o impulso que a cidade colleu hai mais de tres anos non pare e que todo o logrado non leve ao conformismo: “O reto é superar os nosos resultados e, sobre todo, os atrancos que esta cidade ten que sortear”. Para conseguilo, dixo que o PP ten o necesario: a súa xente, motivación, un partido unido e a Jesús VázqueSi desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Neste senso, indicou que, grazas a este compromiso e ao entendemento entre concello e Xunta, hoxe Ourense conta cun centro interxeracional; co Campus da Auga, o primeiro campus periférico especializado de Galicia; cun hospital público ampliado e que pon a tecnoloxía máis innovadora ao servizo do paciente; e que contará tamén cunha estación intermodal. Por iso, o presidente dos populares galegos destacou que para que Ourense avance, a opción é Jesús Vázquez: “Non hai alternativa. Porque non a hai en quen fixo pouco cando gobernou e tentou que non se fixera nada cando estivo na oposición”.
Recibirá resposta