Participando na 42 edición da carreira popular do San Martiño

Un ano máis corrín polas pontes e rúas de Ourene a carreira popular do San Martiño que cumpriu este ano a súa 42 edición.



Preto de 10.000 deportistas de todas as idades e procedencias participamos e tivemos a sorte de gozar dun clima moi favorable, sol e boa temperatura.



A carreira absoluta de 10 km foi gañada na categoría masculina polo atleta ourensán Alejandro Fernández que cruzou a meta en 30 minutos e 30 segundos seguido do luso Nuno Costa.




Na categoría feminina a vencedora foi a canguesa Solange Pereira, que completou a carreira en 34 minutos e 45 segundos. A segunda clasificada foi a gañadora da edición do ano pasado, Marta Casanova.



Moitos patrabéns ao excelente equipo organizador desta carreira – a mellor popular de Galicia - e agradecemento ao equipo médico, aos voluntarios de Protección Civil e da Cruz Vermella e aos efectivos da Policía Local.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.