Avances nos trámites dos Centros de Autotransformación Asociados do Tramo Pedralba-Ourense da LAV a Galicia
Publica hoxe o BOE a resolución da Secretaría Xeral de Infraestruturas de data 17 de outubro de 2018 pola que se abre a Información Pública correspondente ao Expediente de Expropiación Forzosa 021ADIF1817 motivado polas obras do "Proxecto Básico de Centros de Autotransformación Asociados do Tramo Pedralba-Ourense. Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia", nos termos municipais de Requejo de Sanabria, Lubián (Zamora), A Mezquita, A Gudiña, Laza, Vilar De Barrio, Xunqueira de Ambía e Ourense(Ourense).
O ente ADIF-Alta Velocidade, o 9 de outubro de 2018 instó a incoación do expediente de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras do Proxecto de referencia, aprobado o 16 de xullo de 2018.
Recibirá resposta