No faladoiro de Radio Voz


Participo hoxe desde as 8,15 horas no faladoiro do Programa Voces de Galicia, que modera en Radio Voz, Antía Díaz. Nesta ocasión estivo tamén Maria Luz Canal.

Falamos en primeiro lugar do cambio de posición da Avogacía do Estado que presentará hoxe un escrito de  calficación no que se obviará a acusación polo delito de rebelión en relación cos feitos do chamado xuizo do "procés".
Dixen que non me estrañaba esta decisión debido a que levabamos varias semanas escoitando ao Goberno manifestarse no mesmo sentido. Así Pedro  Sanchez fíxoo a pasada semana na tribuna do Congreso e a vicepresidenta Carmen Calvo  hai poucos días cando  djo  que para que haxa rebelión debe darse un alzamento violento con uso das armas que non foi o que ocorreu hai un ano en Cataluña
E todos iso co obxectivo de contentar aos partidos políticos independentistas que apoiaron a moción de censura e dos que dependen para a aprobación dos   Orzamentos Xerais do Estado de 2019.
E dixen que todo indica que estas  maniestacións do Goberno non producen ningún efecto  moderador das posicións dos  independedistas. Onte mesmo o vicepresidente do goberno da Generalitat,  Pere  Aragonès dicía que só lles valía "a liberdade, a absolución e a autodeterminación".
E engadín que confiaba no Tribunal que xulgará estas condutas e que determinará quen cometeu ou non o delito de rebelión, o de  sedición, o delito específico de malversación e o de desobediencia.
Tamén falamos das reaccións que se acaban de producir ante a subida anunciada polo Goberno de Pedro Sánchez dunha subida do Salario Mínimo Interprofesional do 22 %.
En primeiro lugar dixen que estou de acordo en que  a recuperación económica debe supoñer tamén unha recuperación dos niveis salariais. E que por iso en decembro do ano 2017 a ministra de Emprego, Fátima  Báñez, acordou cos axentes sociais, patronal  ( CEOE e  CEPYME) e sindicatos (CCOO e UXT), subidas progresivas nos próximos anos do Salario Mínimo Profesional (SMI), fixando a subida do 4% do SMI para 2018 ata os 735,9 euros en 14 pagas, para chegar a alcanzar os 850 euros en 2020.
É dicir unha subida moderada, progresiva e pactada, e que a agora anunciada do 22 % era demasiado abrupta e xeradora de preocupación e incerteza.
E que era razoable que o gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de  Cos, dixese no Congreso que a subida do SMI que se pretende aplicar custará un 0,8% do emprego, isto é, uns 150.000 postos de traballo. Destacando que, por encima de todo, o seu impacto sobre a probabilidade de perder o emprego é "moi significativo en determinados colectivos como os máis novos e os de maior idade con menor formación". Precisamente os grupos con taxas de paro moi elevadas e uns niveis de produtividade por baixo da media.
E que reflexións similares fixo, tamén en sede parlamentaria, o presidente da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal , José Luis  Escrivá, que explicou que o efecto da subida do salario mínimo incrementaría a renda dispoñible dos traballadores españois en 1.700 millóns de euros, pero ese impacto positivo quedaría recortado porque a economía crearía 40.000 empregos menos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.