jueves, 29 de noviembre de 2018

A presidenta de ADIF confirma que faremos a viaxe de Ourense a Madrid en duas horas e quince minutos

Asisto hoxe ao Foro La Región  no que a presidenta de  Adif, Isabel Pardo de Vera, interveu nunha ponencia baixo o título "As dúas caras do AVE. Desenvolvemento da obra e impacto socioeconómico".

Foi presentada pola conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquezque a cualificou como unha eficiente enxeñeira galega.

Pardo de Vera nunha detallada e transparente exposición confirmou que no corredor noroeste, está a actuarse nos máis de 200 km que separan Ourense de Zamora co obxectivo de telos listos a finais de 2019. Pero lembrando que aínda que os compromisos políticos deben cumprirse, hai que estar a resultas do estado do proxecto e que  os enxeñeiros non pode pedírselles precisión sobre o día e a hora que se inaugurará.

A presidenta de  Adif, informou que non existe ningunha condición de tipo orzamentario para sacar adiante este tramo, pero se que debemos ter en conta a complexidade das obras". 

Falou das notables reducións de tempo que imos ater na relación ferroviaria entre Ourense e Madrid. Pasaremos das 4 horas e 22 minutos actuais-  no mellor dos casos-  a 3 horas 30 minutos cando cheguemos a Pedralba de la Pradería e finalmente cando estea en servizo toda a liña de 2 horas e quince minutos.

Tamén Pardo de Vera falou da variante de Ourense que considera debe executarse para dar funcionalidade e certeza á liña, e engadiu que tras adecuar os proxectos á nova normativa, levantarán a suspensión do tramo Taboadela  Xeixalbo, que será o primeiro en licitarse.

Finalmente falou do proxecto da intermodal, destacando a calidade dos seus servizos e da súa arquitectura, que respectará o edificio actual polo seu valor histórico, e que se adaptará ás novas necesidades da Alta Velocidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta