Preguntando ao Goberno sobre cuestións ambientais relacionadas coa actividade da Confederación Hidrográfica Miño Sil


O río Barbaña ao seu paso por Castroverde
A finais do mes de setembro a Mesa do Congreso cualificou catro preguntas parlamentarias que os deputados ourensáns do  Partido Popular, Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Miguel Ángel Viso formulamos sobre cuestións ambientais relacionadas coa actividade da Confederación  Hidrográfica Miño Sil, cuxa sede se sitúa na nosa cidade. Un organismo autónomo adscrito ao Ministerio para á Transición Ecolóxica.

As preguntas dirixidas ao Goberno foron as seguintes:
"Actuacións de saneamento e depuración, protección fronte a inundacións, acondicionamento fluvial, restauración de ríos, infraestruturas hidráulicas e abastecementos que ten en execución a Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil.
Situación da execución do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza ( POCTEP) " Risc Miño-Lima" que xestiona entre outros a Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil.
Situación da execución do Proxecto de Cooperación Transfronteiriza (POCTEP) "Raia Termal", de cuxo seguimento e xestión é responsable a Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil.
Estado actual no que se atopa a redacción do proxecto da Confederación  Hidrográfica do Miño-Sil que permita finalizar o saneamento do río Barbaña e a mellora da EDAR de San Cibrao, (fase II) na provincia de Ourense."
Pretendemos con estas preguntas seguir moi pendentes duns proxectos xestionados pola  CHMS, na etapa do seu anterior xestor, Francisco Marín, na que se logrou conseguir e poñer en marcha importantes proxectos financiados con fondos comunitarios.
E por suposto estamos moi interesados na continuación do saneamento do Barbaña, das obras necesarias na EDAR existente para facer que o seu funcionamento sexa máis fiable e flexible fronte a verteduras accidentais á rede de saneamento, e con maior capacidade de tratamento para poder absorber a toda a poboación e industria conectadas.

Igualmente sobre o deseño das obras necesarias nos colectores de saneamento que permitan eliminar totalmente as verteduras de augas residuais industriais ao río Barbaña. E sobre a execución de actuacións que incluirán tanques de tortmenta e colectores de maior capacidade.
Agardamos a  resposta do Goberno da que daremos conta neste Blog.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.