Lembrando o inmenso horror dos incendios de hai un ano


Un día como hoxe hai un ano, Galicia e a provincia de Ourense estivo sometido  a unha infernal vaga de incendios que trouxo dor e sufrimento a miles de persoas e causou enormes danos ambientais e as propiedades públicas e privadas.

Lembro a visita que fixen o día seguinte 16 de outubro de 2017 pola tarde ao Abelenda dás Penas, no Concello de Carballeda de Avia. 
Alí testemuñei o pésame á familia de Marcelino Martínez, o home de 78 anos que quixo salvar aos seus animais no alpendre contiguo á casa e que morreu como consecuencia do lume.

E logo nun percorrido polo pobo puiden ver como estaba cuberta por cinza todas as leiras e montes do núcleo. As chamas chegaron aos muros das casas e mesmo aos panteóns do cemiterio contiguo á igrexa parroquial. Desolador, un inmenso horror con tráxicas consecuencias.

Relataba hai un ano neste blog, como os veciños contáronme como chegou de súpeto o lume, o medo que pasaron e que loitaron o indecible para salvar as súas casas e as súas propias vidas, e que se axudaron uns aos outros nesta noite, pasando horas tráxicas.  Os máis maiores do lugar, non lembraban un incendio de semellantes proporcións.

Ademáis de lembrar as vítimas destos lunes, procede reiterar o recoñecemento e agradecemento aos equipos de extinción, aos Bombeiros, aos efectivos da Policía Nacional, da Garda Civil, da Policía urbana, da UME e, por suposto, das Brigadas Forestais da Xunta de Galicia.


Traballaron en condicións meteorolóxicas sen precedentes nun mes de outubro unha enorme forza do vento, unha elevada temperatura, a seca continuada, etc.

Afortunadamente parece que esta tempada de incendios rematará dun xeito ben diferente, grazas a climatoloxía sen dúblida polo gran esforzo que conxuntamente Galicia ten feito  nos últimos meses para limpar máis os montes e estar mellor protexidos.

Pero non debemos baizar a garda, e traballar todos xuntos contra os incendios e os incendiarios.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.