Formalizado o contrato de redacción dos proxectos de trazado e construción da Autovía A-76 .Tramo: ligazón de Monforte Este- Babela. Provincia de Lugo.


Publica hoxe o BOE o anuncio de formalización dun contrato da Dirección Xeral de Estradas, que ten por obxecto a redacción dos proxectos de trazado e construción da Autovía A-76 Ponferrada-Ourense. Tramo: ligazón de Monforte Este- Babela. Provincia de Lugo.

A data de adxudicación é do 19 de xullo de 2018. Resultou adxudicataria “  G.O.C.,  S.A E  PK VEINTIOCHO,  S. L.-UTE-“

O valor da oferta seleccionada foi de 523.504,80 euros

Lembrar que o anuncio de Licitación foi publicado no BOE do 11 de novembro de 2017. No meu blog desa data, daba conta de que o prazo de execución/entrega era de 18 meses e o orzamento base de licitación tiña un importe neto de 856.800,00 euros e un importe total: 1.036.728,00 euros.

O orzamento das obras para definir polo proxecto estímase en 32,6 millóns de euros.

Esta actuación conformará un itinerario de gran capacidade alternativo á estrada N-120, mellorando de forma notable os tempos de percorrido e as condicións de seguridade dos usuarios.

Características técnicas:

O tramo, dun 7,7 km, afecta os termos municipais de Monforte de Lemos, Sober e Pantón, todos eles na provincia de Lugo.

Nos primeiros quilómetros, a partir da ligazón de Monforte Este e ata a ligazón de Monforte Oeste, na contorna do Alto dá Bastida, o tramo desenvolverase como variante de novo trazado do núcleo de Monforte de Lemos.

Desde ese punto, está previsto duplicar a actual estrada N-120 ata chegar a Babela, onde se remodelará a actual ligazón coa estrada autonómica de Monforte a Chantada, que servirá tamén de conexión coa futura autovía A-72 (Monforte-Chantada).

O relevo do amplo val de Lemos é moi suave, non sendo necesario nin o deseño de túneles nin de importantes estruturas lonxitudinais á traza.

Celebro esta nova, que da continuidade ao traballo dos responsables ministeriais da etapa de goberno do PP, e as moitas demandas que temos formulado os deputados lucenses e ourensáns do GPP.

Procede agora que os actuáis responsables do Ministerio adopten outras agardadas accións relacionadas coa aprobación definitiva do proxecto e posterior licitación das obras da A-76 entre A Veiga de Cascallá e O Barco de Valdeorras.


Con la tecnología de Blogger.