sábado, 8 de septiembre de 2018

Solicitamos a comparecencia urxente do ministro de Fomento para que explique a nova suba das peaxes da AP-9 consecuencia do decreto aprobado polo Goberno Zapatero


Diante das declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, os deputados galegos do Grupo Popular no Congreso, difundimos unha nota de prensa na que dicimos que “ solicitaremos a comparecencia urxente do ministro de Fomento para dar explicacións sobre a nova suba de peaxes pervista na AP-9 consecuencia do Real Decreto aprobado polo Goberno de Zapatero en 2011, 48 horas antes da celebración das eleccións xerais e sendo José Blanco ministro de Fomento. O deputado popular, Celso Delgado, explico que “con esta comparecencia queremos que os socialistas asuman a súa total responsabilidade nunha nova suba das peaxes nesta autoestrada e deixen de botar balóns fóra culpando ao Goberno de Mariano Rajoy”.

Os deputados galegos do Grupo Popular no Congreso tamén solicitará a comparecencia do actual ministro de Fomento para explicar os trámites que o seu deparmento leva realizado para a liberación da peaxe Vigo-Redondela na autoestrada AP-9, “un compromiso asumido e avanzado polo anterior Goberno do PP, pero que as declaracións realizadas polo Goberno socialista están suscitando preocupantes dúbidas sobre o seu cumprimento”.

O deputado popular Celso Delgado puxo de manifesto “a desaforada defensa das actuacións do Goberno central que está a facer o actual delegado do Goberno en Galicia, pero debería ter un pouco de respecto aos galegos e non trasladar informacións falsas sobre os motivos dunha suba das peaxes na AP-9”. “Se el non o fai, desde o PP incidiremos que esta suba das peaxes son consecuencia do decreto aprobado polo Consello de Ministros presidido por Zapatero, celebrado a 48 horas nas eleccións xerais, no que autorizaron á empresa concesionaria a realizar as obras de ampliación da ponte de Rande coa compensación de poder subir as peaxes o 1 por cento anual nada menos que durante 20 anos”, explicou.

“Ademais, resulta paradóxico o cambio de postura dos socialistas desde que chegaron ao Goberno de España: pasaron de considerar 'perfectamente asumible' que o Ministerio de Fomento destinara 300 millóns de euros para asumir as obras de ampliación da AP-9 e deste xeito non repercutir no peto dos usuarios a suba das peaxes, a pretender agora que sexan os usuarios desta autoestrada quen pagen este aumentos das tarifas”, indicou Celso Delgado.