viernes, 7 de septiembre de 2018

Formalizado o contrato de rehabilitación do firme na estrada N-525 no tramo Alto Sandiás-Allariz

Publica hoxe o BOE o anuncio de formalización dun contrato da Dirección Xeral de Estradas, cuxo obxecto é a  rehabilitación do firme na estrada  N-525 entre os  pp. kk. 210+200 ao 217+000.  T. M Allariz. Estrada  N-525  pp. kk 210+200 ao 217+000. Tramo: Alto Sandiás-Allariz.

Foi adxudicado o 8 de agosto de 2018 á empresa Obras, Camiños e Asfaltos S.A. O valor da oferta seleccionada foi de 441.122,77 euros.

Lembrar que o 21 de decembro de 2017 o BOE publicaba o anuncio de licitación da Dirección General de Carreteras do Ministerio de Fomento, que tiña por obxecto a rehabilitación do firme dese tramo da estrada N-525. O orzamento base de licitación tiña un importe neto de 698.753,00 euros e un importe total: 845.491,13 euros. E o prazo de execución/entrega era de 2 meses.

As obras consisten na rehabilitación do firme en 6,8 km de calzada. As actuacións proxectadas consisten fundamentalmente no fresado, na profundidade necesaria en cada caso, e posterior reposición do firme con mesturas bituminosas en quente.

Unha vez executados os traballos de renovación do pavimento, procederase ao repintado das marcas viarias.

Sen dúbida unha boa noticia que estas obras- reclamadas desde moitas instancias e tamén por este deputado - licitadas polo Partido Popular, sexan  finalmente executadas, pois a rede nacional de estradas da nosa provincia precisa dun axeitado mantemento e dunha boa conservación.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta.