Frontal oposición do PPdeG a iniciativa de "Podemos, En Comú Podem e En Marea" de paralizar a chegada do AVE a Galicia


Coñecimos onte que Grupo Parlamentario Confederal de Unidos Podemos, En Comú Podem e En Marea, rexistrara no Congreso dos Deputados unha “Proposición non de Lei para o seu debate e aprobación na Comisión de Fomento, relativa a unha moratoria do AVE pola sua ineficacia en termos económico, social de movilidade e ecolóxicos”

Discrepamos absolutamente da súa exposición de motivos e por suposto da súa parte dispositiva e polo tanto síamos inmediatamente hoxe desde o PP de G cunha nota de prensa na que fixamos o noso posicionamento ao respecto:


O PPdeG amosa a súa oposición frontal á iniciativa do grupo ‘Unidos Podemos, En Comú Podem, En Marea’ que tenta paralizar a chegada do AVE a Galicia

· 
Os deputados galegos no Congreso amosan o seu malestar e a súa frontal oposición á proposición non de lei, presentada onte polo grupo parlamentario confederal de Unidos Podemos, En Comú Podem e En Marea, na que piden a “aprobación de xeito urxente dunha moratoria na construción de novas liñas de AVE”, así como “o reformulamento das liñas de alta velocidade cara a liñas de altas prestacións”. Unhas propostas que supoñen unha ameaza e un intento de paralización da liña de alta velocidade a Galicia que está aínda en fase de construción.


O deputado popular considera sumamente inxusto e insolidario que se tente privar a Galicia dun servizo do que outras comunidades gozan desde hai décadas. E é que, tal e como puxo de manifesto, resulta escandaloso que catro dos cinco asinantes da iniciativa –deputados por Alacante, Sevilla, Tarragona e Málaga- que contan coa alta velocidade nos seus territorios e que reciben os beneficios desta infraestrutura, pretendan privar dela aos que viven en territorios nos que aínda falta.

Celso Delgado, que cualifica esta iniciativa como un novo agravio a Galicia, avanza xa o voto en contra do seu grupo no Congreso. Neste senso, insta a En Marea, que está integrada neste Grupo Confederal, a que aclare publicamente se aplaude esta afronta á nosa comunidade.

Do mesmo xeito, Celso Delgado agarda que o PSdeG defenda con valentía os intereses de Galicia e lle esixa a Pedro Sánchez que non ceda ante os seus socios de goberno para manterse no poder paralizando a chegada do AVE a Galicia nin rebaixando as prestacións da citada LAV.

O deputado popular no Congreso salientou que o PPdeG, ao igual que manifestou que non pode haber portos de primeira e de segunda, defende que, con respecto á alta velocidade, tampouco pode haber territorios de primeira e de segunda.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.