Xa queda menos para a vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra


Queda aproximadamente un mes para que comece a vendima no  ámbito territorial dá Denominación de Orixe Ribeira Sacra que será diferente en función das diferentes subzonas amparadas pola D.O.(Chantada, Amandi, Ribeiras do Miño, Ribeiras do Sil e Quiroga-Bibei)
A D.O. Ribeira Sacra está orientada fundamentalmente á produción de viños tintos, elaborándose tamén brancos moi interesantes.
A variedade máis cultivada na Ribeira Sacra é a mencía, dando lugar a viños de gran calidade, que salientan polos seus recendos limpos, elegantes e intensos, a súa cor cereixa intensa, brillante e cun ribete púrpura. Entre os viños brancos, cunha produción menor, destacan os que se obteñen das variedades godello, albariño e treixadura.
A zona amparada para a produción deste viño comprende parroquias e lugares de 20 municipios situados ao longo das ribeiras do Miño e do Sil, no sur da provincia de Lugo e no norte da de Ourense.
O ano pasado afectaron as xeadas e a seca; este ano afectaron os fungos - mildiu e  botritis- e tamén unha zona puntual con saraiba. 

A pesar de todo, a previsión é dunha boa colleita ao redor dos 6 millóns de quilogramos de uva.

Algúns viñedos de Sober, como os das fotografías amosaban hoxe mesmo un magnífico aspecto que anticipa unha excelente producción. 

Agardemos que o clima acompañe e o resultado sexa o que merece o enorme traballo e adicación destes viticultores.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.