Visitando o porto do Freixo, no municipio coruñés de Outes


O período estival serve para descansar máis tamén hai tempo para ver a evolución dalgunhas das nosas infraestruturas e actividades económicas, neste caso na costa.
A pasada semana estiven vendo  o fermoso peirao do Freixo, no municipio coruñés de Outes, que xestiona Portos de Galicia, comprobando como medraron nos últimos anos os pantaláns e as prazas de amarre destinadas ao sector profesional pesqueiro e da acuicultura. 
Pero tamén para a náutica-recreativa e para as embarcacións tradicionais.
Destacar o centro náutico municipal Francisco Rama Vázquez “Fufú”, un edificio estreado no ano 2012 que conta cos servizos dunha base técnico-operativa de Portos de Galicia, oficina de administración, aulas, espazos de exposición, vestiarios, pañol, zona de varada, miradoiro e pantalán de acceso al mar. Salientar a meritoria labor que desenvolve na potenciación da vela lixeira, tradicional e windsurf.
Nesa visita a este concello lembrei  a Carlos López Crespo, falecido en maio deste ano e que ostentou a Alcaldía de Outes durante máis de dous décadas, entre 1995 y 2016. Un extraordinario político e mellor persoa e que tiven a honra de coñecer. O progreso evidente deste Concello débese en gran parte ao seu inxente e eficaz traballo.

E aproveitando a visita a este porto puiden ver nas proximidades o estaleiro Lago Abeijón, que continúa a herdanza dunha longa tradición de profesionais da fabricación e reparación naval en madeira e que agora fabrica en aceiro e traballan no mantemento e transformación de embarcacións.

Unha empresa que ademais de atender o mercado nacional está   internacionalizada e que seguro terá un gran futuro.





Con la tecnología de Blogger.