Publicados no BOE cinco importantes anuncios de licitación de obras na LAV a Galicia


Nunha entrada deste Blog do pasado día 8 de agostro daba conta de que  Adif Alta Velocidade ( Adif AV) aprobara  a licitación de novos contratos para o avance da Liña de Alta Velocidade ( LAV) Madrid-Galicia, por un importe global de 150.463.847,26 euros (IVE incluído). 

Pois ben o BOE de hoxe confirma esa nova e así  publícanse cinco anuncios de licitación que paso a describir: 

Anuncio de licitación de: ADIF Alta Velocidade - Consello de Administración. Obxecto: Execución das obras e realización do mantemento do proxecto construtivo dos centros de autotransformación e do telemando de enerxía do tramo: Pedralba- Ourense da liña de alta velocidade Madrid- Galicia. Valor estimado: 13.339.663,59 euros. Duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición: 33 meses.


Anuncio de licitación de: ADIF Alta Velocidade - Consello de Administración. Obxecto: Execución das obras do proxecto construtivo das instalacións de liña aérea de contacto e sistemas asociados do tramo Pedralba-Ourense da liña dealta velocidade Madrid-Galicia. Valor estimado: 36.739.631,78 euros.

Duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición: 22 meses


Anuncio de licitación de: ADIF Alta Velocidade - Consello de Administración. Obxecto: Obras de execución e mantemento do proxecto de construción de instalacións de protección e seguridade nos túneles da liña de alta velocidade Madrid-Galicia. Tramo. Vilariño. Taboadela. Valor estimado: 38.613.825,54 euros. 

Duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición: 50 meses.


Anuncio de licitación de: ADIF Alta Velocidade - Consello de Administración. Obxecto: Obras de execución e mantemento do proxecto de construción de instalacións de protección e seguridade nos túneles da liña de alta velocidade Madrid-Galicia. Tramo. Pedralba- Vilariño. Valor estimado: 36.875.486,82 euros.

Duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición: 50 meses.


Anuncio de licitación de: ADIF Alta Velocidade - Consello de Administración. Obxecto: Obras de execución do proxecto de construción de actuacións complementarias. Liña de alta velocidade Madrid - Galicia. Tramo: Taboadela - Ourense. Valor estimado: 8.122.163,12 euros. 

Duración do contrato, acordo marco ou sistema dinámico de adquisición: 12 meses.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.