Á beira do Viaduto ferroviario do Ulla


Nunha entrada do 13 de febreiro de 2015 daba conta neste blog, de que ese día tiña asistido a un acto presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor, consistente na proba de carga do Viaduto do Ulla, que constituía a actuación de maior importancia do Eixo Atlántico de Alta Velocidade Ferroviaria.

Pois ben tres anos e medio despois, estiven ao pé deste maxestuosa obra de enxeñería, un símbolo das comunicacións en Galicia, ao servir de nexo de unión entre o norte e o sur desta comunidade e a porta de entrada ferroviaria a través de Portugal.

Unha infraestrutura representativa pola súa complexidade técnica e pola súa singularidade. Cos seus 240 metros de lonxitude máxima entre pilas, constitúe un récord mundial de luz (anchura entre pilas) neste tipo de pontes.


Ten unha lonxitude de 1.690 metros, dos que a práctica totalidade (96%), 1.620 metros, corresponden ao viaduto en si.

Un pracer estar á beira deste proxecto xa realizado que conseguiu coidado integrar a estrutura nunha contorna natural de extraordinaria beleza.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.

Con la tecnología de Blogger.