Na 39ª Festa do Pemento de Arnoia


Asisto onte as 20,30 horas ao acto inaugural da 39ª Festa do Pemento de Arnoia, que presidiiu a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, o alcalde de Arnoia, Rodrigo Aparicio e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández.

A previsión é que 3.000 quilos de pementos degustaranse neste fin de semana de agosto, unha celebración que une gastronomía, cultura e deporte, e na que a organización prevé a asistencia dunhas 12.000 persoas.



Esta festa – na que colaboran máis de 150 veciños- é unha das máis importantes do calendario de celebracións gastronómicas galegas, declarada de interese turístico galego e que un ano máis pon en valor o pemento cultivado nas terras de Arnoia, o cal, pola súa calidade e singularidade conta co distintivo de Indicación Xeográfica Protexida (IXP), acreditado desde o ano 2010.

Con la tecnología de Blogger.