Galicia lidera en xullo a baixada do paro rexistrado


O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2018.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xullo en relación co mes anterior en – 635 persoas, un -  3,28 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 1.962 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,48 %. 

O numero de parados queda fixado en 18.740, deles 7.745 son homes e 10.995 mulleres, 17.746 son maiores de 25 anos e 994 menores.

Por sectores, 847 son da agricultura, 2.252 da industria, 1.696 da construción, 12.049 nos servizos e 1.986 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xullo en 6.653 persoas con respecto a xuño (un – 3,91 %). 

O número de parados queda en 163.412, a menor cifra desde setembro de 2008. Deles 68.076 son homes e 95.334  mulleres, 156.053 son maiores de 25 anos e 7.359 menores.

Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro e superamos o ritmo de caída do paro de España tanto na evolución mensual como na anual.

Hoxe temos 18.459 parados menos que hai un ano(-10,15 %)

Soben a contratación indefinida e a
contratación a tempo completo.

De manterse esta tendencia superarase o obxectivo da Axenda 20 de reducir o paro en 20.000 persoas ao ano.

España:

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en xullo en 27.141 persoas en relación co mes anterior. En termos desestacionalizados, o paro descendeu en 12.183 persoas.

Respecto de xullo de 2017 o paro reduciuse en 200.903 persoas, o que sitúa o seu nivel de redución interanual no 6,02%.

Así, a cifra total de parados rexistrados é de 3.135.021, a máis baixa desde decembro de 2008. Iso supón que desde máximos rexistrados en febrero de 2013 (5.040.222), o paro reduciuse en 1.905.201 persoas. Os parados de longa duración, os que levan dous ou máis anos en situación de desemprego, alcanzan as 1.152.154 persoas.

O desemprego masculino sitúase en 1.279.579 persoas, ao baixar en 15.773, e o feminino en 1.855.442, ao reducirse en 11.368 persoas respecto ao mes de xuño. Se o comparamos con xullo de 2017, o desemprego masculino baixa en 128.059 persoas, un 9,10%, e o feminino descende en 72.844, cunha caída interanual do 3,78%.

Redúcese tamén o desemprego dos mozos menores de 25 anos en 2.523 persoas en relación co mes anterior. Así mesmo descende en 24.618 entre os que teñen 25 e máis anos.

O paro rexistrado ten baixado en 14 comunidades autónomas e faio principalmente en números absolutos en Galicia (-6.653), Andalucía (-5.534) e Castela-A Mancha (-2.818). Sobe, con todo, nas tres restantes,  Illes  Balears (656), País Vasco (572) e Navarra (515).

Por sectores económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en todos: en Servizos, 16.179; en Industria, 4.172; en Construción, 2.650; en Agricultura e Pesca, 571; e no colectivo de persoas sen emprego anterior, en 3.569.

O número total de contratos rexistrados durante o mes de xullo foi de 2.086.655, o que representa un incremento de 158.016 (8,19%) sobre o mesmo mes do ano 2017.

Pola súa banda, a contratación acumulada nos sete primeiros meses de 2018 ascendeu a 12.916.533, o que supón 447.436 contratos máis, un 3,59% que en igual período do ano anterior.

Encadéanse 54 meses de aumentos na contratación indefinida.

En xullo de 2018 rexistráronse 190.151 contratos de traballo de carácter indefinido, o que supón o maior número de contratos indefinidos de toda a serie histórica. Un incremento do 25,10%, con respecto a xullo de 2017. Encadéanse  así 54 meses de aumentos na contratación indefinida.

 En canto a duración da xornada, 113.954 son a tempo completo e 76.197 a tempo parcial.

En termos acumulados, os contratos indefinidos a tempo completo alcanzan nos sete primeiros meses un total de 780.742, un 17,55% máis que en igual período do ano 2017. E os contratos indefinidos a tempo parcial supoñen un total de 532.818, cun aumento do 17,71% en relación a igualperíodo do ano anterior.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.


Con la tecnología de Blogger.