Soraya Sáenz de Santamaría e Pablo Casado pasan á segunda volta do proceso congresual do Partido Popular


Onte os afiliados inscritos do PP votaron e Soraya  Sáenz de  Santamaría foi a gañadora das eleccións primarias, por diante de Pablo Casado de modo que ambos pasarán á segunda volta dun proceso interno no que os 3.184 compromisarios decidirán no congreso nacional, que se celebrará os días 20 e 21 de xullo.

Sáenz de  Santamaría conseguiu 21.513 votos, o 36,9 por cento do total, fronte aos 19.967 de Casado (34,3 por cento) e os 15.090 de  Cospedal (25,9 por cento).

Pola sua parte os militantes ourensáns participamos nun 94,57 %, é dicir, 488 votos emitidos dun censo de 516 inscritos.

Logo do reconto, Soraya Saénz de Santamaría, con 206 papeletas, foi a precandidata que máis votos recibiu. María Dolores de Cospedal alcanzou o segundo posto, con 177 votos, e Pablo Casado obtivo 94. José María Margallo con 4; José Ramón García con 3; e Elio Cabanes con 1 voto completan o resultado final.

Felicitar tanto a Soraya Sáenz de Santamaría como a Pablo Casado, os dous candidatos elixidos a pasar á segunda volta. E, agradecer aos seis precandidatos a súa cordialidade e entrega nesta  primeira parte do proceso.

Agora comeza un período de dúas semanas nas que os dous candidatos expoñerán as súas propostas, para que despois os compromisarios escoiten á militancia e poidan exercer así dos seus portavoces. 



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta.
Con la tecnología de Blogger.